Actos: Curso de Micoloxía

Castiñeiro Milenario organiza o seu primeiro Cursiño de introdución á Micoloxía. Unha primeira aproximación para poder coñecer os cogomelos da nosa terra e poder gozar do seu consumo responsable e seguro.
O cursiño consta dunha primeira sesión teórica o venres 9 de Novembro a partires das 20:15 na Casa da Cultura en Begonte. Coñeceremos aspectos básicos da bioloxía dos cogomelos, así como recoñecer as partes e as características físicas principais para poder distinguilos.
O sábado e o domingo pola mañá a partires das dez da mañá, haberá dous grupos para ir ao campo e recoñecer sobre o terreo os cogomelos máis deliciosos e aqueles que deberemos rexeitar por seren velenosos.
O curso ten prazas limitadas para que os grupos de saída ao campo non sexan demasiado numerosos y probablemente o domingo fagamos unha comida cos cogomelos recollidos durante as saídas ao campo.
O prezo do curso son 10€ para soci@s do Castiñeiro e 20€ para non soci@s.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: