Actos: Curso de pandeireta

Despois do parón invernal, comezamos de novo coa a actividade dos cursos en Castiñeiro Milenario. Desta volta, imos a ofertar un curso de iniciación á pandeireta, tentando de retomar aqueles cursos que xa fixemos hai uns anos e que grazas a eles, algúns enganchamos na música tradicional.

O curso comezará o 17 de abril e rematará a finais de xuño. Cada mércores ás oito da tarde na antiga escola de Begonte teremos con Branca Villares, unha clase dunha hora e media aproximadamente na que empezaremos por aprender a coller o instrumento e pouco a pouco empezar polos ritmos básicos do noso marabilloso folclore.

O prezo do curso será de 20€ ao mes para @s soci@s e de 30€ para @s que non o sexan. Para apuntarse podes facelo neste mesmo blogue, no Facebook, no noso contacto ou chamando ao 616 705174.

Esperámoste o 17 de abril para empezar esta nova aventura musical.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: