Teatro: Xoldra en O Castro

Dentro da Asociación Xuvenil Xoldra xurde, no 2009, xurde o grupo infantil Érase unha vez…, a raíz dun obradoiro de teatro que se fixo na Casa da Xuventude de Mondoñedo. Este grupo está formado por 15 pícaros e pícaras con idades comprendidas entre os 8 e os 15 anos. A primeira obra que representaron foi “O mundo dos filipinos” e, a partir dese ano, todos os veráns se fai un obradoiro de teatro onde se ensaian as obras para a súa posterior estrea en outubro, coincidindo coas feiras das San Lucas. Este ano van estrear “Fonda Lurditas“, que conta a historia dunha fonda dos anos 70 onde pasan diferentes personaxes peculiares do pobo de Mondoñedo. A maioría das escenas acontecen no comedor, onde os donos e os comensais teñen as conversas normais dun pobo pequeno onde todos se coñecen. A propietaria da fonda, Lurditas, cansada de traballar e aturar o seu marido, Rodolfo, quere atopar solucións aos seus problemas pero os clientes que pasan por alí, en vez de axudar, empeoran as cousas. Os clientes son de distinta índole, dende un coronel e a súa familia até a xente que vai ao mercado, o pícaro dos recados ou as cotillas do pobo.

A representación será o 26 de Outubro, ás 6 da tarde da antiga escola de O Castro, grazas á colaboración da Asociación de veciñ@s desa parroquia.

CartazXoldra

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: