Actos: Curso de micoloxía

Castiñeiro Milenario organiza o seu segundo Curso de Micoloxía. O curso consta dunha primeira sesión teórica que terá lugar o venres 13 de decembro a partires das 20:30. Nesta sesión teórica poderemos coñecer os aspectos básicos da bioloxía dos cogomelos, así como recoñecer as partes e as características físicas principais para poder distinguilos.

O sábado, 14 de decembro, a partires das dez da mañá, sairemos ao campo a recoñecer sobre o terreo os cogomelos máis deliciosos e aqueles que deberemos rexeitar por seren velenosos. Como fin de festa, a partires das tres da tarde gozaremos dunha comida cos cogomelos recollidos durante a mañá. Todas as actividades serán no local da Asociación de Veciñ@s de O Castro.

O cursiño está impartido por Benito Martínez Lobato e José Castro Ferreiro, ámbolos dous da Sociedade Micolóxica Lucus.
O prezo do curso son 10€ para non soci@s da Asociación Castiñeiro Milenario e de balde para soci@s. A comida deberá aboarse á parte, sendo o prezo de 10€ para todos os asistentes, soci@s ou non soci@s.

A data límite para apuntarse será o 11 de decembro e se queres, podes facelo neste mesmo blogue, no Facebook, no twitter, no noso contacto ou chamando ao 616 347 843.

micoloxia2013_4

Advertisements

1 comentario (+ o teu?)

  1. Begoña Ferreiro
    Dec 10, 2013 @ 00:42:48

    Boas noites! son Begoña, o meu marido Ventura, queria apuntarse para o curso de micoloxia, eu non podo ir, o sábado pola mañan teño que traballar.
    A min gustariame, a pesar de non apuntarme o curso, poder ir o xantar que se faga despois da recolección de milleiros de de cogumelos que seguro que se recollen, non sei se é posible?????
    Grazas de antemen e xa e decides algo.
    Saúdos.

    Resposta

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: