Actos: Obradoiro de elaboración de cervexa artesá

Castiñeiro Milenario organiza un Obradoiro para elaborar cervexa artesá na nosa propia casa. Alberto Curiel, emprendedor lucense, encargado do proxecto Cervexas Aloumiña de Lugo, será o encargado de impartir dito obradoiro durante dous sábados do mes de xaneiro. O primeiro será o día 11, desde as dez da mañá ata as sete da tarde e o segundo o 18, nesta ocasión so pola mañá. Despois destes dous días teremos os coñecementos básicos para poder facer a nosa propia cervexa na nosa casa.

As prazas son limitadas e por estrito orde de inscrición que rematará o día 8 de xaneiro. A inscrición, como sempre, pódese facer por diferentes vías como neste mesmo blogue, no Facebook, no twitter, no noso contacto ou chamando ao 618 717 938.
O custe para os soci@s é de 40€ e para os non soci@s de 50€, e o prezo inclúe diverso material teórico e gozar da propia cervexa elaborada no obradoiro.

cartaz_cervexa

Advertisements

2 Comentarios (+ o teu?)

  1. Javier Rivera
    Xan 23, 2014 @ 19:04:11

    Bos días, tanto eu coma un veciño estariamos interesados en asistir o próximo obradoiro, ¿hai algún sitio onde anotarse, unha lista de espera ou algo así?

    Resposta

    • CastiñeiroMilenario
      Xan 28, 2014 @ 22:09:55

      Boas Javier. O obradoiro de cervexa rematou hai so dúas semanas e evidentemente no podemos organizar outro agora mesmo. Pero a nosa idea é continuar espallando a cultura da cervexa con outras ideas como xornadas de cata e probablemente, se hai xente dabondo, repitamos o obradoiro dentro duns meses.
      Un saúdo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: