Cata de cervexas galegas artesás

Despois do éxito do primeiro Obradoiro de elaboración de cervexa artesá, nesta ocasión imos facer a primeira cata de cervexas artesás galegas.
Para esta cata imos contar coa presenza de Juan Fernández da Cervezoteca Malte da Coruña, unha persoa que fixo da súa paixón, o seu traballo e que transmite como ninguén ese amor pola cervexa nunhas catas comentadas en directo.
Tamén colabora con nós, José Ángel Corral, propietario da Taberna do labrego en Pacios (Begonte), primeiro restaurante da Terra Chá en recibir a prestixiosa Q de Calidade. O seu local será o encargado da maridaxe das cervexas e no seu salón faremos a cata.
Na sombra e, en parte culpable de argallar todo isto, Alberto Curiel de Cervexa Aloumiña, co que seguimos artellando cousas, sempre moi interesantes.

A cata vai consistir na degustación de seis cervexas, algunhas en rigorosa exclusiva, acompañadas na súa correspondente tapa, feitas especialmente para esta ocasión. Cervexas de moi diferentes estilos (Kölsch, Biere de Garde, Rye IPA, Ale, Abbey Quadrupel e Coffee Stout) para poder apreciar a grande variedade de sabores e aromas que poden ter as cervexas.

cervexas

A cata será o venres 14 do Novembro a partires das nove da noite na Taberna do Labrego en Pacios. O prezo para soci@s será de vinte euros e para non soci@s de 25 euros. A inscrición por rigoroso orde de chegada poderá facerse ata o xoves 13 a través das canles habituais de Castiñeiro Milenario, este mesmo blogue, no Facebook, no twitter, no noso contacto ou chamando ao 616 705174.

Cartaz_Cata_web

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: