Hemeroteca: Foliada do oito no especial A Chaira

Pois pasou a Foliada do Oito por Begonte como un furacán de diversión, cultura, música e baile tradicional. Unha xornada que foi todo un éxito de participación e que foi posible grazas ao traballo de Castiñeiro Milenario e Oito máis que Foliadas e á colaboración desinteresada dun montón de xente e asociacións que viñeron ata Begonte a ofrecer o seu traballo e o seu saber. Queremos dar as grazas, por suposto, a Oito máis que foliadas por confiar na nosa asociación, en concreto a Xabi Iglesias e Branca Villares. Ás Asociacións Polka Pol Kultura Aberta e ao Teatro de marionetas Trécola por argallar unha fantástica tarde para os máis pequerrech*s. A Sito Carracedo por esa charla-obradoiro sobre as palletas e a súa afinación que tanto interese despertou e, por suposto, aos grupos que puxeron a música para facer unha foliada das boas: Foliadeir@s do Castro, Tirapadiante, Cantareiras de Pol e AC Penas de Rodas. Mención especial ao Restaurante San Martín por arriscarse e deixar o seu local para facer a festa e poñer de xeito gratuíto os petiscos necesarios para poder aguantar toda a noite foliando. Grazas a todos e a todas as que viñestes ata Begonte a pasar unha xornada marabillosa.

Deixamos a reportaxe que fixo A Chaira, suplemento local de El Progreso.

AChaira_Pax1AChaira_Pax2.3

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: