IV Festival 27373

A Asociación Cultural Castiñeiro Milenario de Begonte vai organizar a Cuarta edición do Festival 27373 que terá lugar o sábado 8 de agosto no Club Fluvial de Begonte que presta as súas instalacións para a celebración deste festival.

 

O Festival está dividido en dúas partes. Polo día, a programación vai dirixida aos máis pequenos. A partires das 12:00 comezamos coas actividades deportivas que estarán a cargo na empresa de Begonte Non Estreses, que vai ofrecer paseos en canoa polo marabilloso entorno do río Ladra, esta actividade prolongarase ata ben entrada a tarde. Tamén, a partires das doce a Asociación Bolboreta Fiandeira comezarán as demostracións de fiado acompañadas de canto e música tradicional. A festa estará garantida durante a sesión vermú grazas ao grupo de música tradicional Airiños da Freba de Lugo. Xa pola tarde, ademais dos paseos en canoa e as demostracións de fiado, a partir das cinco, contaremos coa presenza da Asociación Lusco Fusco que traerá xogos e entretemento para os cativ@s e as familias. Media hora máis tarde comezará o IV Aberto de Billarda, grazas a LNB. Agardemos que sexa un bo día para pasar coa familia a carón do río, xantando e compartindo sobremesa nunha zona que conta con tódolos servizos, nun entorno de ribeira perfectamente acondicionado e coidado, onde se pode gozar dun baño, xantar nalgunha das mesas ou mesmo no campo e pasear á beira do río ao tempo que participamos nas distintas actividades.

 

Pola noite, abrirán o festival o grupo de música tradicional Leña Verde de Pol que xunto ao espectáculo de baile e danza tradicional de Xabi Iglesias, Amálgama Danza ofrecerán un espectáculo único misturando música e baile. Desde Lugo e co seu segundo disco recén saído do forno, chega Arrhythmia, trío de stoner rock cun directo rotundo. E para rematar, Familia Caamagno, un dos grupos revelación deste ano cos seus sons sesenteiros e letras cargadas de ironía, eles serán os encargados de rematar esta cuarta edición do 27373.

 

Queremos agradecer a axuda económica da Deputación de Lugo, sen ela sería imposible facer este festival. Ao Concello de Begonte pola axuda económica e infraestruturas. Ao Club Fluvial de Begonte por prestar as súas marabillosas instalacións. Ás empresas e organizacións colaboradoras, Non Estreses, Cervexa Artesá Aloumiña, Liga Nacional de Billarda. Tamén a todas aquelas asociacións culturais, artesáns, músicos que vaian vir ao festival e, por suposto, agradecer a presenza de todas as persoas que se acheguen ata Begonte a pasar un día cheo de actividades culturais nun entorno incomparable.

Máis info. na ápxina do Festival 27373

27373_2015web

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: