Actos: Cata de Cervexas artesás galegas

Á xente que lle presta unha cervexa da boa ten unha cita ineludible o venres 22 de xaneiro en Begonte. Ás nove da noite, na Taberna do Labrego en Pacios (Begonte, Lugo), comezaremos a segunda Cata de Cervexas artesás galegas organizada por Castiñeiro Milenario.

Como na ocasión anterior, teremos con nós a Juan Fernández, experto e referencia no panorama galego da cervexa artesá e responsable dun dos templos cervexeiros de Galicia, a Cervezoteca Malte na Coruña. El vai ser o encargado de escoller catro cervexas galegas (máis unha sorpresa) e de facer unha cata comentada de cada unha delas. Podemos asegurar que é un auténtico pracer para os sentidos probar as cervexas cos acertados comentarios de Juan. Ademais cada cervexa levará cadansúa tapa, ideada e elaborada expresamente para realzar os sabores e aromas propios de cada unha.  O responsable desta maridaxe vai ser José Ángel Corral, persoa moi inqueda e que aborda a gastronomía desde moi diferentes puntos de vista e que dirixe a Taberna do Labrego, local de referencia na Terra Chá. Podemos asegurar, tamén, que na pasada edición a maridaxe coas cervexas foi espectacular tanto no apartado organoléptico como no aspecto visual.

O número de prazas é limitado, por rigorosa orde de inscrición, que se pode facer ben chamando ao 616 70 5174 ou ben no correo electrónico habitual, castineiromilenario@hotmail.com. O prezo para socixs do Castiñeiro é de 20 euros e para non socixs de 25.

cartaz_cata_web

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: