Actos: II Obradoiro práctico de elaboración de cervexa artesá

A cervexa artesá está crecendo a un ritmo imparable e cada vez son máis as empresas galegas que están producindo cervexa artesá de moita calidade. Do mesmo xeito, cada vez son máis a persoas que queren facer cervexa na súa casa, xa que o proceso de elaboración non é demasiado complexo e os resultados soen ser satisfactorios, case desde o principio.
Por ese motivo desde Castiñeiro Milenario queremos repetir a experiencia e organizar un segundo Obradoiro para elaborar cervexa artesá na casa. Para explicar todo o proceso desde o principio, contaremos coa presenza de Alberto Curiel de Cervexas Aloumiña. Alberto ten unha gran experiencia tanto desde o punto de vista empresarial como didáctico, pois foi quen de converter unha afección nunha idea empresarial, polo que coñece o proceso desde que o facía na súa casa ata agora que o fai a unha escala maior.
O obradoiro consta de dúas xornadas durante o mes de marzo. A primeira o día 12, desde as dez da mañá ata as sete da tarde, e a segunda o 19, nesta ocasión so pola mañá. Despois destes dous días teremos os coñecementos básicos para poder facer a nosa propia cervexa na nosa casa.

As prazas son limitadas e por estrito orde de inscrición que rematará o día 8 de marzo. A inscrición, como sempre, pódese facer a través do noso enderezo electrónico (castineiromilenario@hotmail.com) ou chamando ao 616705174. O custe para soci@s é de 40€ e para non soci@s de 50€, o prezo inclúe material teórico, os elementos necesarios para facer a cervexa e, por suposto, unhas botellas da cervexa elaborada no obradoiro para probar na casa.
cartaz_cervexa_web

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: