Actos: Obradoiro de multipercusión tradicional

Castiñeiro Milenario ven de colaborar coa Asociación de Gaiteir@s Galeg@s e a Área de Cultura da Deputación de Lugo para poder traer a Begonte o Obradoiro de multipercusión tradicional que vai a impartir Xosé Lois Romero.

O obradoiro consistirá nun achegamento á percusión tradicional con todo tipo de instrumentos percusivos. Desde as tradicionais pandeiretas, pandeiras ou pandeiros ata esa chamada percusión miúda con tarrañolas, culleres, cunchas, chaves ou tixolas. O mestre de cerimonias será o grande Xosé Lois Romero, un dos referentes máis destacados do panorama da música tradicional galega, agora na teima titánica de darlle un novo pulo á percusión tradicional. O obradoiro será o sábado 23 de abril de 18 a 21 horas. Dado que é unha actividade da AGG hai que apuntarse no teléfono da asociación, o 982 229 966. As prazas son limitadas.

Acompañando a esta actividade, Castiñeiro Milenario organizará unha foliada para rematar a xornada como se merece. De dita foliada iremos informando en vindeiras datas.

Un par de exemplos do bo facer de Xosé Lois Romero, o primeiro con Kepa Junquera e o segundo coa Blue Devils Big Band.

CartazObradoiroMultipercusionTradicional2016-01

 

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: