Xornadas Micolóxicas de Verán

Un ano máis volvemos coas sorprendentes Xornadas Micolóxicas de verán. Os vindeiros días 24 e 25 de xuño seguiremos a aprender dos cogomelos nesta época do ano tan pouco asociada aos cogomelos, pero como sabemos de anos anteriores é unha magnífica oportunidade para saír ao monte e gozar das boas temperaturas, da fermosura da fraga e, por suposto, aprender, identificar e/ou recoller os cogomelos típicos destas datas.

A actividade comezará o venres 24 ás 19:00 horas cunha fascinante charla a cargo de José Castro da Sociedade Micolóxica Lucus, que tratará sobre o marabilloso mundo dos fungos e curiosidades micolóxicas. O sábado, a partires das dez da mañá, saída ao campo para identificar e recoller cogomelos, que serán degustados nunha comida a partir das 14:30.

Para @s soci@s de Castiñeiro Milenario e da Sociedade Micolóxica Lucus, o curso será de balde, mentres que para @s non soci@s o custe será total será de 10 euros.

O lugar das charlas e a saída será no local da Asociación de veciñ@s do Castro que, como sempre, colabora de xeito desinteresado con Castiñeiro Milenario. Tamén agradecer a colaboración da Sociedade Micolóxica Lucus e a disposición absoluta de José Castro.

A data límite para apuntarse é o mércores 22 de xuño e podes facelo polas canles habituais de Castiñeiro Milenario, este mesmo blogue, no Facebook, no twitter, no noso contacto ou chamando ao 616 705174.

 

xornadas micoloxicas_web

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: