Actos: Visita á Cervexeira Doménicus de Lugo (só para soci@s)

Desde hai máis ou menos un ano, Alfredo Domene comezou a súa andaina na fabricación de cervexa artesá en Lugo. A cervexeira elabora tres estilos, a Doménicus Rubia (Blonde Ale de 5º), Domémicus Original (English pale Ale de 5º) e a Domémicus Especial (IPA de 6º).

Nesta visita veremos como se fai unha cervexa artesá paso a paso, a infraestrutura necesaria para a elaboración e o proceso para montar unha empresa deste tipo.

Esta colaboración xurdiu na Cata de Cervexas artesás deste ano á que Alfredo acudiu e na que amablemente se ofreceu a ensinarnos a súa Cervexería Doménicus. Dado que o seu local non é moi grande, decidimos que esta visita fose exclusiva para socios e socias de Castiñeiro Milenario.

A visita será o xoves 28 de xullo. Quedamos ás sete da tarde no seu local situado na Rúa Estaca de Bares, nº 11 ás sete da tarde. Hai que apuntarse antes do mércores 27 nas canles habituais, chamando ao 616705174 ou no noso correo electrónico castineiromilenario@hotmail.com.

Agradecemos a Alfredo a súa total disposición e o seu ofrecemento para realizar esta interesante visita.

Visita_Domenicus

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: