Actos: Foliada de Inverno

¿Que estamos en inverno? ¿Chove e vai frío? Nada mellor para entrar en calor que o lume da festa e da música tradicional.

O próximo 11 de marzo retomamos as actividades culturais deste 2017, cunha gran festa da música tradicional. Pola tarde contaremos cun obradoiro de zanfona impartido polo mestre Óscar Fernández (Os Cempés, bOnOvO), toda unha referencia da música tradicional e músico capaz de levar á zanfona a territorios pouco explorados. O obradoiro terá unha duración de catro horas e vai dirixido a persoas que non teñen coñecemento algún do instrumento e queren facer unha primeira aproximación a un instrumento realmente incrible. As prazas están limitadísimas a nove, pois esas son as zanfonas que amablemente cede o Padroado de Cultura do Concello de Narón, polo que non é necesario traer zanfona. O prezo para asociad*s de Castiñeiro Milenario é de 25€ e para non asociad*s de 35€. Para apuntarse podes chamar ao 616 705174 ou no correo electrónico da asociación (castineiromilenario@hotmail.com) e as prazas serán concedidas por rigoroso orde de inscrición.

Ao rematar o obradoiro teremos uns petiscos e despois comezaremos a foliada cos seguintes grupos: Foliadeir*s do Castro de Begonte, Treboada de Rábade, Os amigos do Caldeiro e Gaia pandereteir*s de Castro Ribeiras de Lea. Agradecemos profundamente a disposición de todos os grupos que veñen a agasallar a súa música e facer unha grande festa galega. Ao rematar os grupos, Foliada aberta.

Como sempre, agradecemos á Asociación Veciñal do Castro que nos deixen o seu local para facer a festa, ao Padroado de Cultura de Narón polo “préstamo” da zanfonas e aos grupos que participan nesta Foliada de Inverno.

cartaz_foliada_web

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: