Un ano máis a Sociedade Micolóxica Lucus e a Asociación Cultural Castiñeiro Milenario presentamos unha nova edición do Paseo Micolóxico. A partir das dez da mañá, as persoas asociadas das dúas organizacións imos realizar un paseo micolóxico por algunhas das fragas do Concello de Begonte, co obxectivo de poder estudar e identificar os cogomelos no seu propio hábitat. Ao mediodía organizaremos unha comida conxunta de confraternidade no local social da Asociación de Veciños de O Castro, cedido de xeito desinteresado para a ocasión. A comida e bebida achegarase por parte de ambas asociacións, aínda que calquera soci@ que o desexe pode aportar voluntariamente algunha preparación para complementar a mesma e compartir cos asistentes.
Programa e horarios aproximados da actividade:
10:00 horas Comezo do paseo micolóxico.
13:30 horas Remate do paseo micolóxico
14:30 horas Xantar
17:30 horas (aproximada) Remate da actividade (aquel soci@ que desexe marchar antes poderá facelo)
A actividade é gratuíta para @s soci@s de ámbalas dúas asociacións, mesmo o xantar correrá a cargo de SMLucus e a AC Castiñeiro Milenario. O prazo para apuntarse remata o venres pola mañá.