Foliada de Inverno 2019

Comezamos o ano cunha nova edición das Foliadas de Inverno de Castiñeiro Milenario, como sempre na Casa do Pobo da Asociación Veciñal do Castro (Begonte).
Nesta ocasión, os eventos previos á foliada, veñen con novidades, pois faremos a presentación do I Ciclo de Cine Galego de Castiñeiro Milenario. Un proxecto que levamos intentando sacar adiante desde hai tempo e que este ano, por fin, vai ver a luz. A primeira cita co Ciclo de Cine (do que teredes novidades en breve) vai ser a proxección do mediometraxe documental de Xurxo Souto e Martín Rodas titulado “Dos Gaiteiros do Mar” e narra a historia de Manuel Sotelo, “Manoliño de Donón”, que sempre quixo ser gaiteiro. Aos dezaoito anos estivo a piques de cumprir o seu soño, tocar no palco do Carnaval do Hío, “o Carnaval do Gaiteiro”. Pero xusto unha semana antes tivo que ir ao mar. Embarcou entón cara Namibia. Ao longo da súa vida profesional pescou, ou sexa tocou, tamén en Uruguai, Terranova ou nas Malvinas. E mesmo nunha marea do ano 74,con dous compañeiros do Morrazo, Manuel Martínez Santomé e Feliciano de Donón, chegou a gravar un “long play”, en cinta casete, abordo do pesqueiro Ría de Aldán, titulado “Nos mares do Gran Sol”. Agora, xa xubilado, corenta anos despois vai cumprir o seu soño de mocidade. Co seu compañeiro de entón, Lito de Pinténs – que tamén andou ao mar, e triunfou en Terranova- vai actuar nun dos palcos do Carnaval do Hío. Grazas a eles convertido no Carnaval dos Gaiteiros do Mar!
A película proxectarase ás 19:15 e servirá tamén como unha pequena lembranza a un dos seus protagonistas, Lito de Pinténs, recentemente falecido. Agradecemos a Borneira Audiovisual e a Xurxo Souto a súa disposición para facilitar a proxección deste filme e a Mónica Fernández da Asociación de Gaiteir@s Galeg@s polas xestións.

Despois deste inicio espectacular, seguiremos co concerto que vai dar a banda de gaitas, Sons da Chaira. A partires da 8 da tarde, a banda vai tocar o repertorio co que representaron, de xeito fantástico, á Escola de música de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei no afamado Festival de Lorient este pasado verán. De novo queremos agradecer á propia escola esta colaboración e, en especial, aos seus directores, Brais Monxardín e Miguel Anxo López pola idea e o seu apoio a esta foliada.

Despois teremos un ratiño para repoñer forzas e dar paso aos momentos festeiros coa foliada propiamente dita, que empezará a partir das 21:15, aproximadamente. Nesta ocasión contamos con dous grupos. Por primeira vez, cruzamos a fronteira luguesa e veñen a facer unha festaza das boas, Os Feroces da Galgueira, desde As Pontes, e despois, un dos grupos míticos da música tradicional de Lugo, A Volta do Agro. Sen dúbida dúas agrupacións que van facer que o torreiro se quente en pleno inverno. Ao remate da súas intervencións, comezará a foliada aberta.

Queremos agradecer, de novo, a Borneira Audiovisual, Xurxo Souto e Martín Rodas as facilidades para a proxección do filme; a Miguel Anxo López, Brais Monxardín e a Escola de música de Rábade, Begonte e Outeiro polo seu empeño para estar de novo nesta foliada; aos Feroces da Galgueira e á Volta do Agro, por faceren festa de xeito desinteresado e, por último, á Asociación Veciñal do Castro por deixarnos empregar ás súas instalacións da Casa do Pobo.

Advertisements

1 comentario (+ o teu?)

  1. Trackback: FOLIADA DE INVERNO 2019, de Castiñeiro Milenario | Culturalia GZ

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

%d bloggers like this: