Obradoiro de Olería

Dentro das actividades relacionadas coa artesanía e a súa posta en valor, este ano imos propoñer, por primeira vez, un obradoiro de iniciación á olería coa recoñecida oleira de Bonxe, Pepa Lombao.

Debido ás dificultades de trasladar o obradoiro a Begonte, nesta ocasión, seremos nós os que vaiamos ata o taller de Pepa en Bonxe, polo que o obradoiro vaise facer nas súas instalacións de Outeiro de Rei (ver ligazón para a localización).

O obradoiro será de 12 horas de duración e vaise realizar durante os seguintes sábados: 28 de setembro e 5, 12 e 26 de outubro en horario de 10:00 a 13:00. Para un bo desenrolo da actividade e por razóns técnicas o número de prazas está limitado a dez, que serán cubertas por estrita orde de inscrición, que se poderá facer no noso correo electrónico (castineiromilenario@hotmail.com) ou chamando ao 616705174 ata o 26 de setembro. O prezo é de 40€ para persoas non socias e 30€ para socias. Cómpre levar un mandilón para a actividade.

1 comentario (+ o teu?)

  1. Trackback: CASTIÑEIRO MILENARIO.- Obradoiro de olería e Paseo micolóxico | Culturalia GZ

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

%d bloggers like this: