Billarda
Sección dedicada ao equipo de billarda de Castiñeiro Milenario no que poderás atopar datos da tempada e históricos do equipo e dos seus integrantes.
Nacemento do equipo
A billarda aterrou na asociación na primeira edición do Festival 27373. A asociación O Varal propuxo celebrar un aberto de billarda e nós encantadas de poder aloxar ese xogo tradicional no noso festival. Tonho Randeeira foi o culpable de sementar a billarda no campo do Club de Fluvial de Begonte. A semente xermolou e o Aberto de Billarda lévase celebrando, cun éxito notable de público e practicantes, desde aquel momento.
A seguinte semente foi prantada por Chousa e, sobre todo, por Ismael de Carabullo. Tras anos de insistencia, nun Festival da Chaira, Ismael rompeu as quebradizas murallas de resistencia de Castiñeiro Milenario e convenceu a algúns membros da directiva para empezar a xogar como equipo na Conferencia norleste ou Conferencia Nai. Esa semente viña endemoniada, pois prendeu de xeito feroz nalgúns dos membros da asociación que tomaron moi en serio, facer un equipo. Así naceu esta nosa paixón pola billarda, paixón que intentamos que prenda noutras persoas e noutros lugares.
Na actualidade o equipo está composto de xeito igualitarioi por dez integrantes:
O Capitán, Xosé Manuel Rodríguez, Juncal Carreira, Juan Citoula, Ana Díaz,Carlos Fernández, Pablo Gómez, Cristina Pena Vanesa Piñeiro, Nedi e José Roca



Actualizada 18/01/2023