Faite socio/a
Todas as asociacións precisan do seus socios e socias e non é unha simple cuestión económica, xa que, no noso caso, o ingreso por cotas non supón unha grande cantidade no orzamento anual da asociación, pero si representan a forza e o empuxe que a asociación precisa para seguir adiante e sentirse apoiado pola súa masa social. Son as socias e os socios as que nos empuxan a dedicar unha gran parte do noso tempo libre en argallar actividades relacionadas coa artesanía, facer os ciclos de cine ou teatro, apoiar á música tradicional coas foliadas ou meternos nesa gran aventura que é, cada ano, o Festival 27373 de música en Galego.
Como dicimos, o valor de asociarte a Castiñeiro Milenario non está no económico, unha proba de elo é que levamos moitos, moitos anos sen modificar as nosas cotas: 10€ socio/a individual e 20€ socio/a familiar o cal inclúe a tódolos membros do núcleo familiar (parella ou fillos/as se os houbera).
Así que, se queres apoiar a esta asociación, agora podes facelo de xeito moi doado. Descarga os dous arquivos de abaixo, cubre os datos e envíaos asinados á nosa dirección de correo electrónico: castineiromilenario@castinheiromilenario
Moitas grazas pola túa confianza e apoio.