Velaí van unhas fotiños do paso da compañía Alentía Teatro polo Festival de Teatro. Moitas grazas por facernos pasar unha tarde tan agradable.
O resto podes velo no noso álbum Alentía Teatro 2018 en Flickr.
26 Set 2018 Deixar un comentario
en Fotos Etiquetas:Alentía Teatro, Fotos, O Castro, Teatro
Velaí van unhas fotiños do paso da compañía Alentía Teatro polo Festival de Teatro. Moitas grazas por facernos pasar unha tarde tan agradable.
O resto podes velo no noso álbum Alentía Teatro 2018 en Flickr.
16 Set 2018 2 Comentarios
en Actos Etiquetas:A Mariña, Alentía Teatro, Begonte, O Castro, Teatro, Trecola
Presentamos a 6ª edición do Festival de Teatro de Begonte. Nesta ocasión contaremos con tres representacións.
Alentía Teatro coa obra, “Manancial de Fantasía“.
Cando: Sábado, 22 de setembro, ás 18:00 horas.
Onde: Na casa do pobo da Asociación Veciñal do Castro.
Grupo de Teatro, A Mariña, coa obra, “Eres ínico: Teatro contra o bullying“.
Cando: Sábado 20 de Outubro ás 19:00 horas.
Onde: Casa da Cultura de Begonte
Marionetas Trécola coa representación de “Xogo Revolto“.
Non temos a data definitiva desta actuación. Iremos informando.
Todas as representacións son de balde
Dúas das obras están dentro do programa Buxiganga da Deputación de Lugo ao que hai que agradecer que siga apostando polo teatro na provincia. Tamén agradecer ao Concello de Begonte a cesión da Casa da Cultura e, por suposto, á Asociación Veciñal do Castro, que sempre colabora con nos neste tipo de actividades.
14 Nov 2015 Deixar un comentario
en Actos Etiquetas:Actos, Alentía Teatro, Baamonde, In bocca a lupo, O Castro, Teatro
Neste Terceiro Ciclo de Teatro 2015 contaremos con dúas representacións. Alentía Teatro e o seu “Cambio de Cor” que vai ser representada no Colexio de Baamonde, e a compañía In bocca al lupo que vai ofrecer a súa obra, “Superlía” no local da Asociación Veciñal do Castro.