Deixamos algunhas das fotos do acto da presentación da cervexa, agradecendo aos asistentes a súa visita, a Alberto Curiel por prestarnos a “súa casa” para facer a presentación, aos Foliadeir@s do Castro e a Xaora por poñer durante horas a banda sonora ao evento.
Fotos da presentación da cervexa
01 Xuñ 2018 Deixar un comentario
en Fotos Etiquetas:Aloumiña, Cervexa 27373, cervexa artesá, Foliadeir@s do Castro, Lugo, xaora
Actos: Presentacion da cervexa do Festival 27373
21 Mai 2018 Deixar un comentario
en Actos Etiquetas:Actos, Aloumiña, cervexa artesá, cervexagalega, Festival 27373, Foliadeir@s do Castro, Lugo, xaora
Desde hai anos a asociación ten realizado numerosas actividades relacionadas co mundo da cervexa artesá. Fixemos cursos de elaboración, visitas a obradoiros, catas e maridaxe e, desde hai un tempo, a asociación ten a teima de facer unha cervexa propia. Grazas á colaboración con Alberto Curiel de cervexa Aloumiña, e logo de varias probas e experimentos, podemos anunciar que…
¡¡xa temos a nosa propia cervexa do Castiñeiro!!
A presentación vai ser o vindeiro sábado 26 de maio a partir das seis e media da tarde, no propio obradoiro da cervexería situado na rúa Tinería, nº 22 (Lugo). Ademais durante a presentación contaremos coa música tradicional dos Foliadeir@s do Castro e de Xaora, que van ser os encargados de poñer a banda sonora ao evento.
A 27373 é unha cervexa de trigo, que leva lúpulo Saaz, pela de laranxa e semente de coriandro, o que fai que sexa unha cervexa lixeira, doada de beber, ideal para os calorosos días de verán. Así que estades convidados e convidadas a pasar unha boa tarde-noite no barrio da Tinería en Lugo, probando a NOSA cervexa e escoitando música tradicional.
¡Ponme unha 27 e saúde!!