Celebrando o Samaín 2019

Outro ano máis queremos celebrar o Samaín e para iso imos facer un percorrido por Baamonde e Pacios o 31 de outubro e facelo como nos presta, cantando por algúns dos bares da contorna. Para iso, ademais de afinar a nosas gorxas e os nosos instrumentos, debemos acompañarnos coa indumentaria axeitada para a ocasión. A idea é que vaiamos de negro, as mulleres, pano na cabeza, como se fose de loito; os homes, igualmente de negro. Tamén se pode ir de túnica negra ou similar.
O lugar de saída será no Taberna do Labrego, ás oito e media da tarde para ir visitar algúns dos bares de Pacios e logo ir ata Baamonde. O desprazamento entre bar e bar farase en procesión entoando unha cantiga ben arrepiante.
¡Ollo o 31 non te colla a Santa Compaña!!

Advertisement

Hemeroteca: 6º Festival de Teatro

Fotos: Xogo Revolto de Trécola

A derradeira das representacións do 6º Festival de Teatro tróuxonos á compañía de Teatro de Marionetas Trécola e a súa obra “Xogo revolto”, unha reflexión sobre o acoso escolar. Por primeira vez, o festival de teatro reuníu á rapazada dos colexios de Begonte e Baamonde para gozar desta representación. Agradecemos a gran disposición dos dous colexios para participar desta xornada de teatro e ogallá sexa a primeira dunha chea de accións conxuntas.
Deixamos algunha foto desta gran xornada.

Cantos de Nadal 2018

Rematamos este 2018 coa derradeira actividade e tal e como nos gusta, ímolo facer coa nosa música tradicional. O mércores 19 de decembro, a partir das sete e media, comezamos na zona de Baaomonde para logo rematar en Pacios cos típicos Cantos de Nadal e música tradicional. Esta actividade é unha colaboración coas Escolas de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei da Asociación Músico Crisanto. É unha actividade aberta, polo que se te queres unir non hai problema, todo o mundo está convidado.

Celebrando o Samaín

Este ano desde Castiñeiro Milenario queremos celebrar o Samaín e para iso imos facer un percorrido por Baamonde e Pacios o 31 de outubro e facelo como nos presta, cantando por algúns dos bares da contorna. Para iso, ademais de afinar a nosas gorxas e os nosos instrumentos, debemos acompañarnos coa indumentaria axeitada para a ocasión. A idea é que vaiamos de negro, as mulleres, pano na cabeza, como se fose de loito; os homes, igualmente de negro. Tamén se pode ir de túnica negra ou similar.
O lugar de saída será no Restaurante Galicia, ás oito da tarde para ir visitar algúns doa bares de Baamonde e logo ir ata Pacios. O desprazamento entre bar e bar farase en procesión entoando unha cantiga ben arrepiante.
¡Ollo o 31 non te colla a Santa Compaña!!

Fotos: Cantos de Nadal

Velaí van unhas cantas fotos do noso precorrido por algúns dos locais de Pacios e Baamonde facendo os Cantos de Nadal (e algún profano). Grazas ao Muíño de Pacios e ao Madia Leva de Baamonde por deixarnos botar uns berros e, especialmente, á Taberna do Labrego e ao Galicia que, por riba de aturarnos, aínda deron o aguinaldo.

Cantos de Nadal 2017

Cantos de Nadal 2017

Cantos de Nadal 2017

Cantos de Nadal 2017

Podes ver o resto das fotos no álbum Cantos de Nadal 2017 na nosa conta en Flickr.

Anterior Entradas máis antigas

A %d blogueros les gusta esto: