Foliada de Outono 2019

¡¡Unha nova edición das Foliadas de Outono de Castiñeiro Milenario xa está aquí!! Vai reservando a data do 14 de decembro para achegarte a Begonte e gozar dunha xornada de baile e música tradicional.

Como sempre, comezaremos a xornada foliadeira cun tempo adicado á aprendizaxe. Desta volta propoñemos un interesantísimo obradoiro de baile tradicional que impartirán as mozas de Andar cos tempos, Chus Caramés e Carme Campo, dúas bailadoras, mestras de baile e educadoras no ámbito da educación non formal. O obradoiro comezará ás sete e media da tarde e terá unha duración aproximada de hora e media e está aberto a calquera persoa que desexe ter un achegamento ao baile tradicional. O custe para persoas non socias é de 10 euros, mentres que para as persoas socias de Castiñeiro Milenario será de balde. É aconsellable anotarse se queres asistir enviando un correo a castineiromilenario@hotmail.com ou chamando ao 616705174.

Despois do tempo de formación, pasaremos aos petiscos para repoñer forzas e dar paso aos momentos festeiros coa foliada propiamente dita, que empezará a partir das 22:00, aproximadamente. O grupo local d@s Foliadeir@s do Castro, serán os encargados de romper o xeo e comezar a foliada. Seguidamente intervirán Buxos Verdes desde Vilalba e Foliada de Bosende desde Lugo. Ao remate dos grupos, comezará a foliada aberta.

Agradecemos a Buxos Verdes, Foliada de Bosende e a Chus e a Carme de Andar cos tempos a súa presenza e, por suposto, á Asociación Veciñal do Castro por deixarnos empregar ás súas instalacións da Casa do Pobo. Tamén agradecer o traballo de Brais García, deseñador do cartaz desta nova tempada de foliadas.

Advertisement

Fotos: Foliada de Outono 2017

Alá foi a derradeira foliada do ano 2017. Unha foliada que tivo como comezo o obradoiro de baile tradicional de Xabi Iglesias, no que fomos aprendendo as bases para sacar e coller os puntos nas foliadas. Despois dos petiscos, arrancaron a foliada o grupo residente, Foliadeir@s do Castro e logo foi a quenda dos Milesios, un verdadeiro orgullo e un pracer que compartisen a súa música nesta foliada de outono, facendo un gran esforzo para adaptarse a un formato que non é habitual neles e recompoñéndose das baixas que tiveron ese día. Deixaron, ademais, unha das imaxes da xornada,a arpa irlandesa de Elaine Brown, soando nunha foliada galega, algo pouco frecuente. Na foliada libre houbo tempo para tocar xunt@s e tamén para que apareceran Os Fedellos da Ulloa, para poñer un broche de ouro marabilloso a esta festa da música tradicional.

Desde a asociación queremos agradecer a toda a xente que se achegou ata O Castro, aos grupos (Foliadeir@s, Milesios e Fedellos), aos bailadores/as (que sería unha foliada sen el@s) e á Asociación Veciñal do Castro, por permitiren facer esta festa no seu local social. ¡Viva a música e o baile tradicional galego! Para o ano máis…

Foliada de Outono 2017

Foliada de Outono 2017

Foliada de Outono 2017

Foliada de Outono 2017

Foliada de Outono 2017

Foliada de Outono 2017

Foliada de Outono 2017

O resto das fotos podes velas no álbum Foliada de Outono 2017 en Flickr

Actos: Foliada de Outono 2017

O vindeiro dous de decembro teremos a última foliada do ano 2017, a esperada Foliada de Outono de Castiñeiro Milenario.

Comezaremos a xornada cun Obradoiro dedicado nesta ocasión ao baile tradicional, e máis concretamente, á construción de puntos para as foliadas, coñecementos que poderemos aplicar logo na foliada da noite. O curso vai ser impartido polo grande Xabier Iglesias e comezará sobre ás sete da tarde. O prezo será de 10€ para persoas non socias, mentres que para as asociadas será de balde. As prazas son limitadas, e pódeste apuntar polas canles habituais, o noso facebook, o correo electrónico ou no teléfono 616705174.

Ao rematar o obradoiro, sobre as nove da noite, teremos uns petiscos para repoñer ou coller forzas para a derradeira foliada do ano, nesta ocasión teremos aos seguintes grupos: Foliadeir*s do Castro de Begonte e Asociación Musical e Cultural Milesios da Terra Chá. Agradecemos profundamente a disposición de todos os grupos que veñen a agasallar a súa música e facer unha grande festa galega. Ao rematar os grupos, Foliada aberta.

Como sempre, agradecemos á Asociación Veciñal do Castro que nos deixen o seu local para facer a festa e aos grupos que participan nesta Foliada de Outono.

A %d blogueros les gusta esto: