Hemeroteca: Obradoiro e Concerto de Brigan

Repercusión nos medios do Obradoiro de percusión do Sur de Italia e concerto didáctico de Brigan no Castro (Begonte).

El Progreso, 12/01/2018

Terra Chá Xa, 12/01/2018

La Voz de Galicia, 16/01/2018

Sateli3 de Radio3, 01/02/2018.
Entrevista ao grupo Brigan no programa Sateli3. A partir do minuto 16:15 falan do obradoiro de percusión do Sur de Italia.

http://www.rtve.es/drmn/embed/audio/4449997

 

Lume na palleira da Radio Galega, 11/02/2018.
Entrevista a Brigan na segunda hora do programa que podes escoitar nesta ligazón.

Telexornal da TVG, 13/02/2018

La Voz de Galicia, 14/02/2018

Zigzag Diario de TVG, 15/02/2018.

Radio Lugo Cadena Ser, 15/02/2018
Entrevista ao grupo no programa Hoy por Hoy

El Progreso, suplemento A Chaira, 18/02/2018

El Progreso, 25/02/2018

Actos: Obradoiro de percusión do Sur de Italia e concerto didáctico de Brigan (Italia)

Estamos encantad@s e orgullos@s de poder contar de novo co grupo italiano, Brigan nunha das nosas actividades. Máis aínda, cando veñen de xira española presentando o seu novo disco, Rúa San Giacomo, facendo parada na Coruña, Compostela, Madrid, Barcelona… e Begonte.

Brigan xurde no ano 2009, desde o seu inicio tiveron un grande interese pola música celta, reflectido nun primeiro disco que adicaron en exclusiva a este xénero musical. O proxecto madurou intentando misturar os sons célticos coa sonoridade da música tradicional do Sur de Italia. O seu terceiro traballo, Trasumanza Sonora, recolle o traballo de investigación e estudo dos repertorios tradicionais das músicas do arco atlántico, Bretaña, Irlanda, Asturias e Galicia coa mistura do xeito de tocar e interpretar do Sur de Italia.

Brigan está composto por Francesco Di Cristofaro: voz, acordeón, gaitas alistana, sanabresa e galega, zampogna, pito pastoril, tin e low whistle, sisco de Giugliano, mandolina e bouzouki; Ivan del Vecchio: guitarra clásica, guitarra acústica, guitarra de 12 cordas, mandoloncello; Gabriele Tinto: coros, birimbao, pandeiretas, pandeiro cadrado, pandeiro de Peñaparda, tamburelli, tammorra, castañolas, vieiras, morteiro, bombo, pratiños, caixa redobrante, zambomba e Simone Lombardi: coros, botella de anís, tambor, pezuños de cabra, bombo.

brigan

Na xornada do 17 de febreiro teremos unha cita ineludible na Casa do Pobo do Castro (Begonte, Lugo) para poder gozar con Brigan de dous xeitos ben diferentes.
Ás 18 horas, comezaremos cun Obradoiro de Percusión do Sur de Italia que se vai centrar nunha introdución relacionada co aspecto histórico/cultural dos instrumentos tradicionais, desde a súa orixe ata a actualidade e, unha segunda parte, adicada á técnica básica de tammorra e tamburello. Vanse analizar e practicar algúns dos ritmos tradicionais daquelas terras como a Tarantella, a Tammurriata ou a Pizzica. A duración será de aproximadamente dúas horas e media. A inscrición, obrigatoria, podes facela a través do noso correo electrónico (castineiromilenario@hotmail.com) ou no teléfono 616705174. O prezo será de 10€ para *s soci*s de Castiñeiro e de 15 para as persoas que non sexan asociadas.
Despois dun pequeno descanso, ás 20:45, o grupo Brigan, fará un pequeno concerto acústico amosando a súa música. Durante unha media hora poderemos gozar dos ritmos tradicionais italianos e ibéricos nunha oportunidade única. O concerto estará aberto ao público en xeral e será de balde.

Despois destes interesantes eventos, poderemos repoñer forzas cuns petiscos, xusto antes de rematar unha xornada inesquecible de música tradicional en Begonte coa Foliada de Inverno da que falaremos nos vindeiros días.

Todas as actividades serán na Casa do Pobo do Castro (Begonte, Lugo), agradecemos moito que a Asociación Veciñal do Castro nos deixe as instalacións para facer todas estas actividades.

Hemeroteca: Obradoiro de percusión

Nova aparecida no suplemento A Chaira, do xornal El Progreso.

IMG-20151213-WA0000

Actos: Obradoiro de percusión do Sur de Italia

O vindeiro 12 de decembro teremos en Begonte unha grande festa de multiculturalidade musical: a fusión do rico folclore do Sur de Italia coa nosa música tradicional. Grazas á xira do grupo italiano Brigan, teremos a a oportunidade de aprender os ritmos básicos do folclore italiano a través da súa semellanza cos ritmos propios da nosa terra. Esta será a única oportunidade de gozar desta unión cultural na provincia de Lugo.

O repertorio de Brigan componse de música tradicional da área céltica (Galicia, Asturias, Bretaña, Irlanda) interpretada a través dunha linguaxe nova que se funde co contexto rural do sur de Italia. Tamurriatas, tarantelas, cantos populares… atópanse e fusiónanse con muiñeiras, carballesas, reels e danzas bretonas. Compoñen o grupo: Francesco di Cristofaro (acordeón, frauta irlandesa, whistle, frauta traveseira, dobre frauta da Campania, gaita galega, voz; Danilo Parolisi (guitarra, bouzouki irlandés, mandolina, voz) e Gabriele Tinto (pandeiretas, tammorra, bodhran, percusión ibérica). Nesta ocasión, estarán en Galicia, Francesco di Cristofaro e Gabriele Tinto.
Un exemplo desa mistura, esta interpretación da Muiñeira de Pontesampaio e a Tarantella do 600.

 

A xornada vai estar composta por un Obradoiro de percusión no que se vai falar dos principais tipos de ritmos propios do sur de Italia dende o punto de vista da percusión (tammurriata de Campania, pizzica salentina, tarantella cilentana e siciliana, etc.), comparándoos cos ritmos propios de Galicia. ​Aprenderanse de xeito práctico os fundamentos destes ritmos con pandeiretas e pandeiras.

Ao rematar o obradoiro haberá Foliada, se tés pensado vir cun grupo, é mellor que te anotes, para poder organizar mellor a foliada. Unha vez rematados os grupos, foliada aberta.

Horarios aproximados para o 12 de decembro:
– Obradoiro de percusión de 18 a 21 horas.
– Descanso e pinchos.
– Foliada a partires das 22 horas.

O custe do obradoiro será de 15€ para o público en xeral e 10€ para soci@s do Castiñeiro Milenario. Tanto para apuntarse no obradoiro como para participar na Foliada cun grupo, podes mandar un correo electrónico ao noso enderezo, castineiromilenario@hotmail.com ou contactar no teléfono 616705174.

Como sempre, agradecer á Asociación Veciñal do Castro que nos ceden ás súas instalacións para levar a diante esta actividade. Para non perderse, aí queda a ligazón: Como chegar ata O Castro.

 

12dec_begonte_web

A %d blogueros les gusta esto: