Rematamos este 2018 coa derradeira actividade e tal e como nos gusta, ímolo facer coa nosa música tradicional. O mércores 19 de decembro, a partir das sete e media, comezamos na zona de Baaomonde para logo rematar en Pacios cos típicos Cantos de Nadal e música tradicional. Esta actividade é unha colaboración coas Escolas de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei da Asociación Músico Crisanto. É unha actividade aberta, polo que se te queres unir non hai problema, todo o mundo está convidado.
Cantos de Nadal 2018
14 Dec 2018 Deixar un comentario
en Actos Etiquetas:Actos, Asociación Músico Crisanto, Baamonde, Cantos de Reis, Pacios
Hemeroteca: Cantos de Nadal no Progreso
18 Xan 2018 Deixar un comentario
en Hemeroteca Etiquetas:A Chaira, Cantos de Reis, El Progreso
Fotos: Cantos de Nadal
08 Xan 2018 Deixar un comentario
en Fotos Etiquetas:Baamonde, Cantos de Reis, música tradicional, Pacios
Velaí van unhas cantas fotos do noso precorrido por algúns dos locais de Pacios e Baamonde facendo os Cantos de Nadal (e algún profano). Grazas ao Muíño de Pacios e ao Madia Leva de Baamonde por deixarnos botar uns berros e, especialmente, á Taberna do Labrego e ao Galicia que, por riba de aturarnos, aínda deron o aguinaldo.
Podes ver o resto das fotos no álbum Cantos de Nadal 2017 na nosa conta en Flickr.
Actos: Cantos de Nadal
24 Dec 2017 Deixar un comentario
en Actos Etiquetas:Actos, Baamonde, Cantos de Reis, música tradicional, Pacios
Imos rematar este 2017 coa derradeira actividade do ano e tal e como nos gusta facer, ímolo facer coa nosa música tradicional. O venres 29 de decembro ás sete e media, empezaremos na Taberna do Labrego en Pacios para logo ir visitando outros lugares de Pacios e Baamonde cos típicos Cantos de Nadal e música tradicional. É unha actividade aberta, polo que se te queres unir non hai problema, todo o mundo está convidado.
Actos: Cantos de Reis
15 Dec 2015 Deixar un comentario
en Actos Etiquetas:Baamonde, Cantos de Reis, Música, Pacios
Non saímos dunha, para meternos noutra… O vindeiro domingo 20 de decembro imos comezar as Festas do Nadal cos tan tradicionais Cantos de Reis. Nesta ocasión, membros de Castiñeiro Milenario e o alumnado de pandeireta da Escola de Música de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei imos saír por Pacios e Baamonde cantando os Reis e o que faga falta.
A partires das sete da tarde, as nosas melodiosas voces, as doces pandeiretas e as harmoniosas gaitas anunciarán o inicio das festas.