Hemeroteca: Entrevista a Ana Díaz

A nova presidenta de Castiñeiro Milenario é entrevistada no suplemento A Chaira do Progreso.

Advertisement

Nova directiva de Castiñeiro Milenario

Hai uns días tivemos Asemblea Extraordinaria na que a xunta directiva remataba os seus dous anos de mandato e abríanse os prazos para que novas propostas puidesen optar a dirixir os vindeiros dous anos da asociación. Como era de agardar, só houbo unha candidatura, practicamente a mesma que estes dous últimos levou as rendas de Castiñeiro Milenario, xa que só houbo unha baixa e unha incorporación e o troco de presidenta.
A nova directiva queda do seguinte xeito:
Presidente, Carlos Fernández
Secretaria, María Pardo
Tesoureiro, Eliseo Gómez
Vogais: María Bergantiños, Ángel Corredoira, Nuria Felpeto e Mar Prado

A nova xunta quere agradecer a grandísima labor que fixeron estes dous anos, as mulleres e homes da anterior xunta, e, sobre todo agradecer á anterior Presidenta, Mar Prado, todo o traballo feito e os bos alicerces que deixa; todo é moito máis doado cando as persoas que traballan xuntas se respectan, saben delegar e traballan como un só.

Estamos no Twitter

twitterDesde hoxe mesmo estamos tamén está no Twitter, así que, se queres seguirnos, só tes que pinchar en @CastinheiroMile e poderás escoitar os chíos que a asociación botará desde as polas do Castiñeiro Milenario.

Fotos: Cinema en Pacios

Despois dunha xornada moi calorosa, chegou a noite e con ela a escuridade necesaria para gozar dunha sesión de cinema ao aire libre. Grazas á colaboración da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, máis de trinta persoas acudiron a ver Vilamor, xente nova e xente maior, puideron gozar de cinema, algúns, ao mellor, por primeira vez na súa vida, algúns, ao mellor, lembrando aqueles vellos cines ambulantes que percorrían as vilas e pobos. Outros vendo, grazas á tecnoloxía máis moderna, a película en alta definición e cun son impecable.

Tamén puidemos gozar, aínda que fora so un anaquiño, da presenza na gran pantalla dun veciño de Begonte, pois Lois Casanova aparece na derradeira escena da película.

Unha gran xornada de cinema que nin sequera o frío da noite conseguiu estragar.

Cinema en Pacios

Cinema en Pacios

Cinema en Pacios

Cinema en Pacios

Cinema en Pacios

Cinema en Pacios

Tódalas fotos, a tódolos tamaños no álbume de Flickr de Castiñeiro Milenario: Cinema en Pacios

Actualización 20/8/2012
Como diciamos noutra anotación, a película estreábase ao día seguinte no Festival de Nova York. Pois ben, Vilamor gañou os premios á Mellor Banda Sonora e á Mellor Fotografía, unha excelente nova para o cinema galega e que poidemos gozar hai uns días.
Podes ver a noticia en Sermos Galiza: Vilamor, leva os Premios á Mellor banda sonora e Mellor fotografía no ‘New York City International Film Festival’

Actos: Cinema en Pacios

¿Canto tempo hai que non vas ao cine?

Pois se ti non vas ao cine, o cine será o que veña ata ti. Castiñeiro Milenario en colaboración coa Vicepresidencia da Deputación de Lugo traen o cine ata a parroquia de Pacios. O venres 10 de agosto a partires das 22:30 na explanada de Pacios (entre o bar O Muíño e a Taberna do labrego) poderemos gozar dunha sesión de cinema ao aire libre. A película que poderemos ver será Vilamor do director galego Ignacio Villar.

Vilamor trata de Breixo, un mozo idealista que descobre que preto da súa aldea estase a montar unha comuna. Son os anos setenta e o aire da liberdade percorre o país. Breixo tenta axudar e integrarse nese mundo, pero a chegada inesperada do amor, fará que as cousas non sexan tan doadas e idílicas como pensaba.
A película acadou boas críticas e ten notas máis que decentes nas páxinas de Filmaffinity (5,9) e IMBD (7,5).
Para rematar podes ver o tráiler oficial da película

Máis info en Vilamor en Filmaffinity e IMDB, as mellores páxinas para puntuar películas.

Así que, un día antes de que a película se estree en Nova York, se queres gozar do cine, do cine en galego, do cine ao aire libre, non debes perder a oportunidade de asistir a proxección de Vilamor en Pacios, o vindeiro 10 de agosto ás 22:30 horas… e todo a un prezo anticrise de 3 euros.

Fotos: O Festival 27373 de día ao completo

Xa temos publicadas as fotos e vídeos do que foi o Festival 27373 durante o día.
Podes velas nas seguintes ligazóns:

Anterior Entradas máis antigas

A %d blogueros les gusta esto: