Fotos: Cata de cervexas galegas 2017

Un ano máis, e xa van tres, poidemos gozar da Cata maridaxe de cervexas artesás galegas da man de Juan Fernández e de Jose Angel Corral, un dúo que, como sempre, deixaron o listón de calidade moi, moi alto.

Desde Castiñeiro Milenario queremos agradecerlles a Juan e Jose Ángel o seu bo facer e, sobre todo, a súa implicación. Tal e como están as cousas, arriscar no teu propio negocio para facer cousas así é moito de agradecer e alabar. Tamén agradecer ás persoas que se achegaron para descubrir eses novos sabores da cervexa artesá, e que, de novo, cubriron todas as prazas dispoñibles, un éxito que non é doado de conseguir.

Aquí deixamos algunhas das fotos da xornada.

Cata2017_1

Cata2017_2

Cata2017_5

Podes ver o resto de fotos no noso álbum Cata de cervexas galegas 2017 en Flickr.

Advertisement

Hemeroteca: Entrevista en Voces de Lugo

Esta foi a entrevista que nos fixeron para falar de cervexas galegas e mais da cata e maridaxe que tiñamos planeado facer na Taberna do Labrego en Pacios (Begonte). A entrevista foi para o programa de Félix Jorquera, Voces de Lugo en Radio Voz.

Radio Voz, 27/04/2017

Fotos: Cata de cervexa galega 2016

Para ir abrindo boca para esta nova cata de 2017, lembremos como foi a cata do anos pasado: unha excelente selección de cervexas, marabillosos os comentarios de Juan Fernández e impresionantes os petiscos que acompañaban a cada unha das cervexas presentadas.
Como sempre agradecer a Juan Fernández de Malte e a Jose Ángel Corral da Taberna do Labrego o seu incrible traballo e a súa disposición para levar a bo porto esta aventura.

Cata de cervexas artesás 2016

Cata de cervexas artesás 2016

Cata de cervexas artesás 2016

Cata de cervexas artesás 2016

Cata de cervexas artesás 2016

Podes ver todas as fotos no álbum Cata de cervexa galega 2016 en Flickr

Cata de cervexas galegas e maridaxe 2017

É moi evidente que duns anos para atrás, algo está a mudar no panorama da cervexa en Galicia. A irrupción da cervexa artesá vai paseniño, pero de xeito firme. Na actualidade hai máis de 50 marcas de cervexa en Galicia e só na provincia de Lugo, hai polo menos 11 produtoras de cervexa galega artesá. Este movemento cervexeiro vai pouco a pouco acadando o seu espazo nas rúas, grazas ás feiras que se van organizando, pero tamén nos bares que pouco a pouco van apostando por un produto claramente diferenciado da cervexa comercial. A variedade dentro da cervexa artesá é tan enorme que para iniciarse neste mundo, ás veces, cómpre ter un bo guía, que nos amose esas variedades, que nos aprenda a diferenciar unhas doutras e que incida neses detalles que afastan as cervexas artesás da cervexa típica comercial.

A nós non se nos ocorre mellor guía que Juan Fernández, responsable do templo cervexeiro galego por excelencia: a Cervezoteca Malte na Coruña. Unha persoa que sabe de cervexas, que sabe falar delas e que sabe transmitir a súa paixón por este mundo. Apoiando esta viaxe cervexeira, temos tamén a outro mestre no seu, José Ángel Corral, xerente da Taberna do Labrego en Pacios, Begonte. Unha das referencias gastronómicas da Terra Chá, que vai facer un petisco exclusivo, intentando potenciar os matices de cada cervexa que imos catar.
A cata contará con cinco cervexas e cadanseu petisco e cada cervexa vai ser comentada en profundidade.

As cervexas que formarán parte da cata van ser:

  • Cervexa Nasa Orixinal (Bohemian Pilsner, 5.0%).
  • Cervexa sorpresa, estrea “mundial”. (Cervexa de trigo, 5,4%).
  • In Peccatum Juicy IPA (New England IPA, 6.0%).
  • Santo Cristo Costa Oeste (Imperial IPA, 9.0%).
  • Malte / In Peccatum Black Inverno (Imperial Stout con centeo afumado, café e cacao, 12%).

E os petiscos elaborados especialmente para cada unha serán:

  • Ensalada de verduras con gulas, zume de laranxa e Pedro Ximenez.
  • Navallas con mostaza alioli e naranxa deshidratada.
  • Mexillon e berberechos con sopa de froitos tropicais.
  • Entrecosto de vaca e coulis de froitos vermellos.
  • Tarta tres chocolates con espuma de café e fume de fava tonka.

A data será o 26 de maio e comezará ás nove da noite no local da Taberna do Labrego en Pacios (Begonte, como chegar). O prezo é de 25€ para non socixs e de 20€ para socixs de Castiñeiro Milenario. A cada persoa faráselle entrega dunha guía de cata e dunhas fichas para anotacións.

Debido ao número limitado de prazas é obrigatorio apuntarse no noso correo electrónico (castineiromilenario@hotmail.com) ou chamando por teléfono ao 616 705174, a reserva de prazas farase por rigorosa orde de inscrición.

Como sempre agradecer a Juan Fernández e a José Ángel Corral a súa profesionalidade e o seu interese para que isto saia adiante ano tras ano.

Actos: Cata de Cervexas artesás galegas

Á xente que lle presta unha cervexa da boa ten unha cita ineludible o venres 22 de xaneiro en Begonte. Ás nove da noite, na Taberna do Labrego en Pacios (Begonte, Lugo), comezaremos a segunda Cata de Cervexas artesás galegas organizada por Castiñeiro Milenario.

Como na ocasión anterior, teremos con nós a Juan Fernández, experto e referencia no panorama galego da cervexa artesá e responsable dun dos templos cervexeiros de Galicia, a Cervezoteca Malte na Coruña. El vai ser o encargado de escoller catro cervexas galegas (máis unha sorpresa) e de facer unha cata comentada de cada unha delas. Podemos asegurar que é un auténtico pracer para os sentidos probar as cervexas cos acertados comentarios de Juan. Ademais cada cervexa levará cadansúa tapa, ideada e elaborada expresamente para realzar os sabores e aromas propios de cada unha.  O responsable desta maridaxe vai ser José Ángel Corral, persoa moi inqueda e que aborda a gastronomía desde moi diferentes puntos de vista e que dirixe a Taberna do Labrego, local de referencia na Terra Chá. Podemos asegurar, tamén, que na pasada edición a maridaxe coas cervexas foi espectacular tanto no apartado organoléptico como no aspecto visual.

O número de prazas é limitado, por rigorosa orde de inscrición, que se pode facer ben chamando ao 616 70 5174 ou ben no correo electrónico habitual, castineiromilenario@hotmail.com. O prezo para socixs do Castiñeiro é de 20 euros e para non socixs de 25.

cartaz_cata_web

Hemeroteca: Cata de cervexas galegas artesás

Artigo publicado no Progreso, sección A Chaira, sobre a Cata de cervexas artesás galegas que organizou Castiñeiro Milenario en colaboración coa Cervezoteca Malte da Coruña e o Restaurante Rural A Taberna do Labrego de Pacios (Begonte).

OProgreso_Cata

Anterior Entradas máis antigas

A %d blogueros les gusta esto: