Fotos: Obradoiro de Cestaría 2017

Deixamos algunhas das fotos que fomos facendo durante o Obradoiro de Cestaría impartido por Bea Valín, en colaboración co CENTRAD da Deputación Provincial de Lugo. Grazas a tod*s *s que vos achegastes ata Begonte, grazas a Bea polo seu bo facer e paciencia infinita e á Asociación Veciñal do Castro por prestarnos o seu local para facer este obradoiro.

cesteria-4

cesteria-6

cesteria-12

cesteria-23

cesteria-31

cesteria-32

Podes ver todas as fotos no noso álbum en Flickr: Obradoiro de Cestaría 2017.

Advertisements

Actos: Obradoiro de Cestaría con Bea Valín

Outro máis e grazas á programación do Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD) da Deputación de Lugo, Castiñeiro Milenario pode ofrecer un obradoiro de cestaría de xeito totalmente gratuíto e aberto a calquera persoa que desexa aprender algo do vello oficio de tecer con materiais vexetais.

O obradoiro vaise celebrar todos os sábados, desde o 18 de novembro ata o 16 de decembro, en horario de 9 a 14 horas, excepto o primeiro día de obradoiro que quedaremos ás 10 da mañá.

Colabora con nós a Asociación Veciñal do Castro, que nos presta o seu local social para levar a cabo esta actividade. Pódeste anotar polas canles habituais de Castiñeiro Milenario, este mesmo blogue, no Facebook, no twitter, no noso contacto ou chamando ao 616 705174.

Para chegar ata o local, segue a seguinte ligazón: Como chegar ata O Castro (Begonte).

%d bloggers like this: