Fotos: Curso de Micoloxía

Hai uns días puidemos gozar dun interesantísimo curso de Micoloxía. O venres tivemos a necesaria aproximación teórica ao mundo dos cogomelos, excelentemente explicada por Julián Alonso, presidente da Sociedade Micolóxica Lucense. O sábado e o domingo pola mañá foi o momento de achegarnos ao monte á procura dos apreciados cogomelos. A pesares do mal tempo a saída foi un éxito, tanto de recollida como de aprendizaxe, grazas, de novo, a sabedoría de Julián Alonso, unha persoa que se nota que vive o mundo dos cogomelos con paixón. Ademais, moitos, descubrimos unha fermosa fraga, que está aí ben preto das nosas casas e que ben merece unha visita.

Para rematar a xornada que mellor que facelo, saboreando os cogomelos en tres variedades: empanada, revolto e arroz con cogomelos e nun sitio realmente precioso, A casa do Pobo de O Castro.

Aí quedan unhas cantas fotos para lembrar os bos momentos pasados este fin de semana, grazas A Juncal e a Eliseo por elas.

Curso de Micoloxía

Curso de Micoloxía

Curso de Micoloxía

Curso de Micoloxía

Curso de Micoloxía

Curso de Micoloxía

Curso de Micoloxía

Curso de Micoloxía

Curso de Micoloxía

Advertisements

%d bloggers like this: