Fotos da presentación da cervexa

Deixamos algunhas das fotos do acto da presentación da cervexa, agradecendo aos asistentes a súa visita, a Alberto Curiel por prestarnos a “súa casa” para facer a presentación, aos Foliadeir@s do Castro e a Xaora por poñer durante horas a banda sonora ao evento.

presentacion4

presentacion5

presentacion2

presentacion3

Advertisement

Hemeroteca: Entrevista da presentación da cervexa 27373

Compartimos a entrevista que nos fixeron no programa de Radio Voz, Voces de Lugo do gran Félix Jorquera.

Actos: Presentacion da cervexa do Festival 27373

Desde hai anos a asociación ten realizado numerosas actividades relacionadas co mundo da cervexa artesá. Fixemos cursos de elaboración, visitas a obradoiros, catas e maridaxe e, desde hai un tempo, a asociación ten a teima de facer unha cervexa propia. Grazas á colaboración con Alberto Curiel de cervexa Aloumiña, e logo de varias probas e experimentos, podemos anunciar que…

¡¡xa temos a nosa propia cervexa do Castiñeiro!!

A presentación vai ser o vindeiro sábado 26 de maio a partir das seis e media da tarde, no propio obradoiro da cervexería situado na rúa Tinería, nº 22 (Lugo). Ademais durante a presentación contaremos coa música tradicional dos Foliadeir@s do Castro e de Xaora, que van ser os encargados de poñer a banda sonora ao evento.

A 27373 é unha cervexa de trigo, que leva lúpulo Saaz, pela de laranxa e semente de coriandro, o que fai que sexa unha cervexa lixeira, doada de beber, ideal para os calorosos días de verán. Así que estades convidados e convidadas a pasar unha boa tarde-noite no barrio da Tinería en Lugo, probando a NOSA cervexa e escoitando música tradicional.

¡Ponme unha 27 e saúde!!

Fotos: Cata de cervexas galegas 2017

Un ano máis, e xa van tres, poidemos gozar da Cata maridaxe de cervexas artesás galegas da man de Juan Fernández e de Jose Angel Corral, un dúo que, como sempre, deixaron o listón de calidade moi, moi alto.

Desde Castiñeiro Milenario queremos agradecerlles a Juan e Jose Ángel o seu bo facer e, sobre todo, a súa implicación. Tal e como están as cousas, arriscar no teu propio negocio para facer cousas así é moito de agradecer e alabar. Tamén agradecer ás persoas que se achegaron para descubrir eses novos sabores da cervexa artesá, e que, de novo, cubriron todas as prazas dispoñibles, un éxito que non é doado de conseguir.

Aquí deixamos algunhas das fotos da xornada.

Cata2017_1

Cata2017_2

Cata2017_5

Podes ver o resto de fotos no noso álbum Cata de cervexas galegas 2017 en Flickr.

Hemeroteca: Entrevista en Voces de Lugo

Esta foi a entrevista que nos fixeron para falar de cervexas galegas e mais da cata e maridaxe que tiñamos planeado facer na Taberna do Labrego en Pacios (Begonte). A entrevista foi para o programa de Félix Jorquera, Voces de Lugo en Radio Voz.

Radio Voz, 27/04/2017

Fotos: Cata de cervexa galega 2016

Para ir abrindo boca para esta nova cata de 2017, lembremos como foi a cata do anos pasado: unha excelente selección de cervexas, marabillosos os comentarios de Juan Fernández e impresionantes os petiscos que acompañaban a cada unha das cervexas presentadas.
Como sempre agradecer a Juan Fernández de Malte e a Jose Ángel Corral da Taberna do Labrego o seu incrible traballo e a súa disposición para levar a bo porto esta aventura.

Cata de cervexas artesás 2016

Cata de cervexas artesás 2016

Cata de cervexas artesás 2016

Cata de cervexas artesás 2016

Cata de cervexas artesás 2016

Podes ver todas as fotos no álbum Cata de cervexa galega 2016 en Flickr

Anterior Entradas máis antigas

A %d blogueros les gusta esto: