Actos: Presentacion da cervexa do Festival 27373

Desde hai anos a asociación ten realizado numerosas actividades relacionadas co mundo da cervexa artesá. Fixemos cursos de elaboración, visitas a obradoiros, catas e maridaxe e, desde hai un tempo, a asociación ten a teima de facer unha cervexa propia. Grazas á colaboración con Alberto Curiel de cervexa Aloumiña, e logo de varias probas e experimentos, podemos anunciar que…

¡¡xa temos a nosa propia cervexa do Castiñeiro!!

A presentación vai ser o vindeiro sábado 26 de maio a partir das seis e media da tarde, no propio obradoiro da cervexería situado na rúa Tinería, nº 22 (Lugo). Ademais durante a presentación contaremos coa música tradicional dos Foliadeir@s do Castro e de Xaora, que van ser os encargados de poñer a banda sonora ao evento.

A 27373 é unha cervexa de trigo, que leva lúpulo Saaz, pela de laranxa e semente de coriandro, o que fai que sexa unha cervexa lixeira, doada de beber, ideal para os calorosos días de verán. Así que estades convidados e convidadas a pasar unha boa tarde-noite no barrio da Tinería en Lugo, probando a NOSA cervexa e escoitando música tradicional.

¡Ponme unha 27 e saúde!!

Advertisement

Fotos: Cata de cervexa galega 2016

Para ir abrindo boca para esta nova cata de 2017, lembremos como foi a cata do anos pasado: unha excelente selección de cervexas, marabillosos os comentarios de Juan Fernández e impresionantes os petiscos que acompañaban a cada unha das cervexas presentadas.
Como sempre agradecer a Juan Fernández de Malte e a Jose Ángel Corral da Taberna do Labrego o seu incrible traballo e a súa disposición para levar a bo porto esta aventura.

Cata de cervexas artesás 2016

Cata de cervexas artesás 2016

Cata de cervexas artesás 2016

Cata de cervexas artesás 2016

Cata de cervexas artesás 2016

Podes ver todas as fotos no álbum Cata de cervexa galega 2016 en Flickr

A %d blogueros les gusta esto: