Cursiño de Micoloxía de verán (2015)

Os vindeiros días dezanove e vinte de xuño faremos o Segundo Cursiño de Micoloxía de verán. A estación do ano asociada aos cogomelos sempre é o outono, pero como vimos o ano pasado, o verán tamén é unha excelente época para saír ao monte e gozar das boas temperaturas, da fermosura da fraga nesta época do ano e, por suposto, aprender, identificar e/ou recoller os cogomelos típicos destas datas.

A actividade comezará o venres dezanove ás 20:30 horas cunha charla de introdución ao mundo dos cogomelos con referencias aos aproveitamentos micolóxicos. O sábado, a partires das dez da mañá, saída ao campo para identificar e recoller cogomelos, que serán degustados nunha comida a partir das 14:30.

Para @s soci@s, coas cotas de 2015 pagadas, o curso é de balde e para @s non soci@s o custe será de 10 euros. A comida ten un prezo de 10 euros para tod@s, agás para @s pequen@s que será tamén de balde.
O curso será impartido por José Castro da Sociedade Micolóxica Lucus, experto e amante dos cogomelos, co que xa tivemos o pracer de compartir saídas e xantares  noutros cursiños organizados por Castiñeiro Milenario.

O lugar das charlas e a saída será no local da Asociación de veciñ@s do Castro que, como sempre, colabora de xeito desinteresado con Castiñeiro Milenario. Tamén agradecer a colaboración da Sociedade Micolóxica Lucus e a disposición absoluta de José Castro.

A data límite para apuntarse é o xoves dezaoito de xuño e podes facelo polas canles habituais de Castiñeiro Milenario, este mesmo blogue, no Facebook, no twitter, no noso contacto ou chamando ao 616 705174.

cogomelos2015_web

Advertisement

Seguimos a cociñar con Pilar

Dado o éxito que tivo a primeira edición e vendo que a xente quere seguir cociñando con Pilar, facemos xa a segunda edición do cursiño “A Cociña de Pilar“.

O cursiño comezará o venres 5 de xuño e terá catro sesións, en venres consecutivos, en horario de 20 a 22 horas. na cociña do Local Social da Parroquia de Bóveda.

Con este novo cursiño, seguimos tecendo forzas e enerxías e para nós é un enorme pracer poder seguir estendendo actividades polas parroquias do Concello de Begonte, pasiño a pasiño é como se logran as metas.

O prezo para soci@s será de quince euros e para non soci@s de 25 euros. A inscrición por rigoroso orde de chegada poderá facerse ata o xoves 4 a través das canles habituais de Castiñeiro Milenario, este mesmo blogue, no Facebook, no twitter, no noso contacto ou chamando ao 616 347843.

2Obradoiro_cociña_web

Cursiño de cociña

¡Volven as actividades culturais de Castiñeiro Milenario! Despois duns meses nos que traballamos nalgúns proxectos que non rematan de facerse realidade, volvemos este 2015 cunha actividade nova: un cursiño de cociña que impartirá a empresa lucense “A Cociña de Pilar“.

O cursiño comezará o venres 10 de abril e terá catro sesións, en venres consecutivos, en horario de 20 a 22 horas na cociña do Colexio de Baamonde.

O prezo para soci@s será de quince euros e para non soci@s de 25 euros. A inscrición por rigoroso orde de chegada poderá facerse ata o xoves 9 a través das canles habituais de Castiñeiro Milenario, este mesmo blogue, no Facebook, no twitter, no noso contacto ou chamando ao 616 705174.

Obradoiro_cociña_web

Cursiño de micoloxía 2014

Castiñeiro Milenario organiza un novo Curso de Micoloxía. Nesta ocasión o curso vai ter dúas sesións teóricas que terán lugar o xoves e venres 20 e 21 de novembro a partires das 20:00. Na primeira poderemos coñecer os aspectos básicos da bioloxía dos cogomelos, así como recoñecer as partes e as características físicas principais para poder distinguilos; a segunda sesión estará adicada ao recoñecemento das especies, facendo fincapé nas características esenciais para poder distinguilas.

O sábado, 22 de novembro, a partires das dez da mañá, sairemos ao campo a recoñecer sobre o terreo os cogomelos máis deliciosos e aqueles que deberemos rexeitar por seren velenosos. Como fin de festa, a partires das tres da tarde gozaremos dun xantar cos cogomelos recollidos durante a mañá. Todas as actividades serán no local da Asociación de Veciñ@s do Castro, aos que como sempre agradecemos a súa colaboración.

O cursiño está impartido por José Castro, da Sociedade Micolóxica Lucus, asociación coa que colaboramos de novo.
O curso e o xantar é de balde para @s soci@s de Castiñeiro Milenario e da Sociedade Micolóxica Lucus, para os non soci@s o custe será de 15€ incluíndo a asistencia ao cursiño e a o xantar do sábado.

A data límite para apuntarse será o 20 de novembro e se queres, podes facelo neste mesmo blogue, no Facebook, no twitter, no noso contacto ou chamando ao 616 705174.

cartaz_cogomelos_2014_web

Fotos: Cursiño de micoloxía

Xornada fría e, en principio, pouco apropiada para ir ver e coller cogomelos, pero ao final do día puidemos ver unha ampla variedade de especies e gozar dun estupendo xantar en excelente compañía. Rematamos cun pouco de festa, o día era propicio.








Podes ver tódalas fotos no seguinte álbum na nosa conta de Flickr: “Micoloxía 2013

Fotos: Obradoiro de torno

Hai xa unhas semanas que rematamos o Obradoiro de torno impartido por Julio Guntín, e polo que se pode apreciar, se o mestre era bo, os alumnos tampouco eran mancos. Aí quedan algunhas das fotos que fixemos neste curso.

Obradoiro de torno

Obradoiro de torno

Obradoiro de torno

Obradoiro de torno

Obradoiro de torno

Obradoiro de torno

Podes ver tódalas fotos no seguinte álbum na nosa conta de Flickr: “Obradoiro de Torno“.

Anterior Entradas máis antigas

A %d blogueros les gusta esto: