Fotos: Daboapipa, Contos e lerias

O dúo Daboapipa chegou ata O Castro ben cargadiño de Contos, lerias e fermosas cancións que lograron enganchar á xente miúda e á xente maior. Unha marabilla poder escoitar historias tan fermosas, tan ben contadas e tan ben cantadas.

Velaquí tedes unhas fotos da súa actuación no Castro.

Daboapipa, Contos e Lerias

Daboapipa, Contos e Lerias

Daboapipa, Contos e Lerias

Podes ver todas as fotos no álbum Daboapipa, Contos e Lerias en Flickr.

Advertisement

4º Ciclo de Teatro

Un ano máis coa arribada do outono, chega o Ciclo de Teatro de Castiñeiro Milenario. Desta volta contaremos con catro actuacións.

Hipócrita Teatro representará a súa obra “Emperador, que pensas? Fala!“.

Sinopse: O imperio romano está en decadencia e o emperador Galerio ven refuxiarse á afastada cidade de Lucus Augusti. Entre as súas robustas murallas, Galerio séntese a salvo. Pero unha estraña enfermidade, unha esposa ambiciosa, un anfitrión que quizabes non é o que aparenta, unha filla caprichosa… perturban a súa tranquilidade. O inimigo sempre está máis preto do que un sospeita.

Cando: 18:00. 17/09/2016

Onde: Casa da Cultura de Begonte.

Comedia. Todos os públicos.

Debulla Escénika mostrará a súa obra, “Perversóns“.

Sinopse: Érase unha vez o ser humán, que non se atopaba nin a si mesmo nin nos demáis. Tropezaba cós outros, infectado pola tiranía do seu ego nun mundo traumado de cal uniformada. Esa doenza da alma, case tan antiga como a mesma especie, converteu ós humanos en individuos controlados e manipulados, en depredadores na procura do poder e da satisfacción dos intereses persoais alimentados pola proveitosa incultura.

Cando: 20:00. 01/10/2016

Onde: Casa da Cultura de Begonte.

Crítica social. Adultos.

debulla

Trécola chegará co seu novo espectáculo, recén saído do forno, titulado “Tolitates“.

Sinopse: Dous paiasos e un obxectivo: lograr a risa do público dende o principio ata o final de cada representación. Maxia, teatro de obxetos, música, malabares,…

Cando: 18:00. 15/10/2016

Onde: Local AV do Castro.

Familiar.

marionetas-trecola-tolitates

Daboapipa chegará coa súa obra “Contos e lerias“.

Sinopse: Unha viaxe polos montes, prados e camiños máis verdes que puideramos ver, chea de encontros cos animais máis marabillosos: toupas choscas, chivos enormes e ogros torpes,
pombas doces e dragóns atroces, bechos estraños, cabalos azuis e cantigas de fai anos e non tantos…

Cando: 18:00. 22/10/2016

Onde: Local AV do Castro.

Familiar.

Aí vai o cartaz completo do IV Ciclo de Teatro de Begonte.

teatro_2016web

A %d blogueros les gusta esto: