Deixamos algunhas das fotos que fixemos e nos fixeron na Foliada de Outono 2019
Fotos: Foliada de Outono 2019
24 Xan 2020 Deixar un comentario
en Fotos Etiquetas:Andar cos Tempos, Buxos Verdes, foliada, Foliada de Bosende, Foliadeir@s do Castro, Fotos, O Castro
Hemeroteca: Foliada de Outono 2019
13 Dec 2019 Deixar un comentario
en Hemeroteca Etiquetas:El Progreso, foliada, Terra Chá Xa, Xornais
Algunhas das novas sobre a Foliada de Outono que foron aparecendo nos medios: El Progreso, Terra Chá Xa.
Foliada de Outono 2019
04 Dec 2019 1 comentario
en Actos Etiquetas:Andar cos Tempos, Baile tradicional, Buxos Verdes, foliada, Foliada de Bosende, Foliadeir@s do Castro, música tradicional, O Castro, Obradoiro
¡¡Unha nova edición das Foliadas de Outono de Castiñeiro Milenario xa está aquí!! Vai reservando a data do 14 de decembro para achegarte a Begonte e gozar dunha xornada de baile e música tradicional.
Como sempre, comezaremos a xornada foliadeira cun tempo adicado á aprendizaxe. Desta volta propoñemos un interesantísimo obradoiro de baile tradicional que impartirán as mozas de Andar cos tempos, Chus Caramés e Carme Campo, dúas bailadoras, mestras de baile e educadoras no ámbito da educación non formal. O obradoiro comezará ás sete e media da tarde e terá unha duración aproximada de hora e media e está aberto a calquera persoa que desexe ter un achegamento ao baile tradicional. O custe para persoas non socias é de 10 euros, mentres que para as persoas socias de Castiñeiro Milenario será de balde. É aconsellable anotarse se queres asistir enviando un correo a castineiromilenario@hotmail.com ou chamando ao 616705174.
Despois do tempo de formación, pasaremos aos petiscos para repoñer forzas e dar paso aos momentos festeiros coa foliada propiamente dita, que empezará a partir das 22:00, aproximadamente. O grupo local d@s Foliadeir@s do Castro, serán os encargados de romper o xeo e comezar a foliada. Seguidamente intervirán Buxos Verdes desde Vilalba e Foliada de Bosende desde Lugo. Ao remate dos grupos, comezará a foliada aberta.
Agradecemos a Buxos Verdes, Foliada de Bosende e a Chus e a Carme de Andar cos tempos a súa presenza e, por suposto, á Asociación Veciñal do Castro por deixarnos empregar ás súas instalacións da Casa do Pobo. Tamén agradecer o traballo de Brais García, deseñador do cartaz desta nova tempada de foliadas.
Actos: Os Maios e Foliada de Primavera 2019
03 Mai 2019 Deixar un comentario
en Actos Etiquetas:Actos, Arrincadeira, Filseira, foliada, música tradicional, O Castro, Os maios
Como todos os anos desde Castiñeiro Milenario queremos darlle a benvida á Primavera, do xeito que merece e como nos presta: organizando unha nova edición da Foliada de Primavera.
Comezaremos pola tarde, a partir das seis facendo un pequeno paseo para apañar flores e fentos e xestas e facer un maio ben bonito e grande. Dirixidos polas sabias indicacións da mestra da Primavera, Branca Villares faremos un maio, probaremos a facer algún “maio vivo” e cantaremos unhas pezas ao redor del, nenos, nenas e maiores todas xuntas para dar a benvida á primavera. Un chocolate quentiño daranos forzas para seguir ata que a Foliada chegue.
Despois haberá uns petiscos para empezar unha nova edición da Foliada de Primavera. A partir das oito e media, comezará a festa con dous grupos, desde Outeiro de Rei con sangue e forzas propias da mocidade virá Filseira, con moitas gañas de cantar e bailar, e para rematar, desde Lugo a Asociación Arrincadeira. Despois, foliada aberta ata que os corpos aguanten.
Agradecemos, como sempre, a boa disposición dos grupos para participar neste acto festivo, a Branca Villares pola axuda e á Asociación Veciñal do Castro por cedernos o local para facer esta gran festa da primavera.
Fotos: Foliada de Outono 2018
10 Abr 2019 Deixar un comentario
en Fotos Etiquetas:Airiños da Terra Cha, Bombo, foliada, Miguel Anxo Lopez "chino", O Castro, Obradoiro, Os Miñocas, Trevellos
Deixamos unhas fotos do que foi a Foliada de Outono 2018, no que tivemos un obradoiro de bombo con Miguel Anxo “Chino” e unha foliada con dous grupos da Escola de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei: Os Miñocas e Os Airiños da Terra Cha, ademais dos cantereiros de Trevellos. Agradecer aos grupos a súa disposición para vir á nosa foliada, ás bailadoras e bailadores que fan a festa máis divertida, á xente que fixo unha gran foliada aberta e, por último, á Asociación Veciñal do Castro.
Hemeroteca: Foliada de Inverno 2019
08 Mar 2019 Deixar un comentario
en Hemeroteca Etiquetas:El Progreso, foliada, Voces de Lugo
Presencia nos medios da Foliada de Inverno 2019.
Aparición en El Progreso
Entrevista no programa Voces de Lugo que dirixe Félix Jorquera.
5/3/2019