Fotos: Obradoiro e Sesión Vermú

Fantástica a xornada do domingo 18 de xuño. Primeiro cun magnífico obradoiro impartido polo gran Roberto Rodríguez, mestre de canto e pandeireta na Tradescola de Lugo. Tres horas tocando e cantando maneos que se fixeron curtas, e na que aprendemos un montón de cousas deste estilo tan particular e bonito. Agradecer ao Concello de Begonte a cesión da Casa da Cultura, sobre todo a Montse, por deixarnos todo ben preparadiño, e, por suposto, á Tradescola polo traballo que fai na difusión das nosas tradicións e por levar pola provincia adiante este tipo de iniciativas.
Despois do obradoiro, tocou ir ata ese marabilloso lugar que é o Club Fluvial de Begonte para seguir coa xornada lúdica. Sesión Vermú improvisada con xente dos Foliadeir@s do Castro e Branca Villares. Xantar e sesión sobremesa ata ben chegada a merenda grazas a algúns compoñentes de Xaora, Xabi Iglesias e Espazo 10. Gran xornada de música e baile tradicional, nunha contorna incrible. Agradecer tamén ao Club Fluvial de Begonte por deixarnos empregar as instalacións e a Castro & Castro, por darnos de xantar.
Velaquí van algunhas das fotos da xornada.

Obradoiro de maneo e sesión vermú

Obradoiro de maneo e sesión vermú

Obradoiro de maneo e sesión vermú

Obradoiro de maneo e sesión vermú

Fotos: Daboapipa, Contos e lerias

O dúo Daboapipa chegou ata O Castro ben cargadiño de Contos, lerias e fermosas cancións que lograron enganchar á xente miúda e á xente maior. Unha marabilla poder escoitar historias tan fermosas, tan ben contadas e tan ben cantadas.

Velaquí tedes unhas fotos da súa actuación no Castro.

Daboapipa, Contos e Lerias

Daboapipa, Contos e Lerias

Daboapipa, Contos e Lerias

Podes ver todas as fotos no álbum Daboapipa, Contos e Lerias en Flickr.

Fotos: Hipócrita Teatro

Moi divertida a obra que trouxo, nesta ocasión, a compañía Hipócrita Teatro. Unha comedia de enredo, situada no tempo dos romanos no que un emperador medio tolo acaba metido nunha serie de situacións, digamos, embarazosas.

Aí vos deixamos unhas cantas fotos da obra e se queres podes ver o álbum completo de Hipócrita Teatro en Begonte no Flickr de Castiñeiro.

Hipocrita-3

Hipocrita-9

Hipocrita-15

Hipocrita-17

Fotos: In bocca a lupo

Lembrando o paso de In bocca a lupo polo noso festival de teatro.

In bocca a lupo en Begonte

In bocca a lupo en Begonte

In bocca a lupo en Begonte

Podes ver o álbum completo no noso Flckr: In bocca a lupo en Begonte.

Fotos de Isabel Risco en Begonte

Pechamos esta segunda edición do noso festival de teatro do mellor xeito posible coa, sempre marabillosa, Isabel Risco. Foi un brillante final que nos fixo rir a cachón coa súa inventiva e o seu humor do país.

Aí quedan unhas cantas fotos dunha noite realmente boa.

Isabel Risco en Begonte

Isabel Risco en Begonte

Isabel Risco en Begonte

Isabel Risco en Begonte

Podes ver o resto das fotos no noso álbum Isabel Risco en Begonte en Flickr.

Fotos do paseo Micolóxico 2014

Actividade conxunta entre Sociedade Micolóxica Lucus, a Asociación de veciñ@s do Castro e Castiñeiro Milenario. Un paseo conxunto polas fragas de Begonte para aprender de cogomelos, gozando das paisaxes chairegas e dun bo xantar comunitario. Pouco máis se pode pedir.

Aí quedan unhas fotos da xornada.

Paseo micolóxico por Begonte

Paseo micolóxico por Begonte

Paseo Micolóxico

Paseo Micolóxico

Paseo micolóxico por Begonte

Paseo micolóxico por Begonte

Podes ver o resto das fotos no noso álbum Paseo Micolóxico 2014 en Flickr.

Anterior Entradas máis antigas

%d bloggers like this: