Fotos: Hipócrita Teatro

Moi divertida a obra que trouxo, nesta ocasión, a compañía Hipócrita Teatro. Unha comedia de enredo, situada no tempo dos romanos no que un emperador medio tolo acaba metido nunha serie de situacións, digamos, embarazosas.

Aí vos deixamos unhas cantas fotos da obra e se queres podes ver o álbum completo de Hipócrita Teatro en Begonte no Flickr de Castiñeiro.

Hipocrita-3

Hipocrita-9

Hipocrita-15

Hipocrita-17

Advertisement

4º Ciclo de Teatro

Un ano máis coa arribada do outono, chega o Ciclo de Teatro de Castiñeiro Milenario. Desta volta contaremos con catro actuacións.

Hipócrita Teatro representará a súa obra “Emperador, que pensas? Fala!“.

Sinopse: O imperio romano está en decadencia e o emperador Galerio ven refuxiarse á afastada cidade de Lucus Augusti. Entre as súas robustas murallas, Galerio séntese a salvo. Pero unha estraña enfermidade, unha esposa ambiciosa, un anfitrión que quizabes non é o que aparenta, unha filla caprichosa… perturban a súa tranquilidade. O inimigo sempre está máis preto do que un sospeita.

Cando: 18:00. 17/09/2016

Onde: Casa da Cultura de Begonte.

Comedia. Todos os públicos.

Debulla Escénika mostrará a súa obra, “Perversóns“.

Sinopse: Érase unha vez o ser humán, que non se atopaba nin a si mesmo nin nos demáis. Tropezaba cós outros, infectado pola tiranía do seu ego nun mundo traumado de cal uniformada. Esa doenza da alma, case tan antiga como a mesma especie, converteu ós humanos en individuos controlados e manipulados, en depredadores na procura do poder e da satisfacción dos intereses persoais alimentados pola proveitosa incultura.

Cando: 20:00. 01/10/2016

Onde: Casa da Cultura de Begonte.

Crítica social. Adultos.

debulla

Trécola chegará co seu novo espectáculo, recén saído do forno, titulado “Tolitates“.

Sinopse: Dous paiasos e un obxectivo: lograr a risa do público dende o principio ata o final de cada representación. Maxia, teatro de obxetos, música, malabares,…

Cando: 18:00. 15/10/2016

Onde: Local AV do Castro.

Familiar.

marionetas-trecola-tolitates

Daboapipa chegará coa súa obra “Contos e lerias“.

Sinopse: Unha viaxe polos montes, prados e camiños máis verdes que puideramos ver, chea de encontros cos animais máis marabillosos: toupas choscas, chivos enormes e ogros torpes,
pombas doces e dragóns atroces, bechos estraños, cabalos azuis e cantigas de fai anos e non tantos…

Cando: 18:00. 22/10/2016

Onde: Local AV do Castro.

Familiar.

Aí vai o cartaz completo do IV Ciclo de Teatro de Begonte.

teatro_2016web

Fotos: Hipócrita Teatro

Ao final as inclemencias meteorolóxicas obligáronnos a trocar o lugar onde Hipócrita Teatro ía facer a súa representación. A verdade é que, coido que todos gañamos con troco, pois unha obra tan colorista como a que nos amosaron onte, os membros desta compañía, merecía un espazo pechado e escuro, para resaltar aínda máis o seu colorido vitalista.
Unha obra que gustou a todos, a grandes e a pequenos, e que nos descobríu que con imaxinación todo é posible, desde viaxar nunha alfombra máxica ata perderse nunha cova inexplorada. Ai, esa imaxinación ferida de morte
Deixámosvos cunha serie de fotografías da representación de onte, e se tedes ocasión non vos perdades o espectáculo destes rapaces, unha marabilla.

Tamén podedes ver as fotos individuais na páxina de Flickr de Castiñeiro Milenario.

Hipócrita Teatro trasládase á Casa da Cultura.

A representación de Unha Historia con pau, que Hipócrita Teatro tiña pensado facer ao aire libre na Praza de Baamonde, mañá 7 de xullo, trasládase por cuestións meteorolóxicas ata a Casa da Cultura en Begonte. E é que este verán tan atípico que estamos a sofrer, provoca este tipo de atrancos, alleos á organización e a compañía. De tódolos xeitos agardamos vervos a todos e a todas na Casa da Cultura.

Actos: Hipócrita Teatro en Baamonde

O vindeiro sábado 7 de Xullo, ás sete da tarde, na Praza de Baamonde, a Asociación Cultural Castiñeiro Milenario convídavos a asistir á representación da obra Unha Historia con pau que levará a cabo a Compañía Hipócrita Teatro. Este acto encádrase dentro dos Circuítos Culturais que a Deputación de Lugo leva a cabo dentro do programa Buxiganga.

O argumento da obra, dirixida a nenos e nenas de entre tres a cen anos, o explican eles mesmos na súa páxina web:
Coma onte, hoxe e sempre, quen xoga (segundo os expertos) é máis creativo e sociable. A sorpresa, a fantasía, a capacidade para crear e recrear mundos, obxectos e personaxes, o descubrimento de sentimentos e sensacións na relación cos outros, o poder inventar o presente e o futuro, forman parte do xogo. Pero, a que xogan os nenos e as nenas de hoxe? Deixan os “robóticos” xoguetes modernos lugar para a creatividade e a imaxinación? Unha historia con pau retrocede no tempo para mostrarnos o máxico encanto do pau dunha vasoira, un pau que pode ser un cabalo, unha espada, unha frauta … mesmo unha buxaina, por que non? Unha homenaxe ás mentes emprendedoras, aos nenos e nenas de 3 a 100 anos (ou máis) que manteñen a habilidade de tecer os seus soños cos fíos da perseveranza.”

Xa sabes, o 7 do 7 ás 7, tes unha cita ineludible na Praza de Baamonde con Unha historia con pau.




Actualización 6/7/2012
:
Por motivos metereolóxicos, a representación trasládase á Casa da Cultura en Begonte

A %d blogueros les gusta esto: