Fotos: Lucecús

Derradeira xornada do 5º Ciclo de Teatro de Begonte, no que Lucecús Teatro ofreceu, a obra PinguíSOS, nunha Casa do Pobo do Castro, chea a rebentar. O público, de tódaslas idades, gozou dunha obra con moita reflexión e retranca sobre as fronteiras e a emigración. Como sempre agradecer á AV do Castro a súa disposición e o seu compromiso absoluto coa nosa asociación.

Deixamos algunhas fotos dunha xornada inesquecible.

Lucecís , PinguíSOS

Lucecís , PinguíSOS

Lucecís , PinguíSOS

Lucecís , PinguíSOS

O resto das fotos podes velas no álbum Lucecús_2017 en Flickr

Advertisement

5º Ciclo de Teatro

Aínda que este ano o outono semella que non quere achegarse, a nosa cita anual co teatro xa está aquí, e presentamos a quinta edición do Ciclo de Teatro de Castiñeiro Milenario. Este ano contamos con tres representacións.

O Grupo de Teatro da Biblioteca Municipal de Antas de Ulla vai representar a obra “Clarexa, que non é pouco“.
Sinopse: adaptación da película de culto de José Luis Cuerda, “Amanece, que no es poco”. Unha obra de humor surrealista, absurdo e ata delirante na que unha enxeñeira que traballa nos Estados Unidos regresa a España para gozar dun ano sabático. Xunto á súa nai chega ata un pobo remoto que parece deserto, aínda que en realidade toda a veciñanza está en misa, como todos os días do ano. Deste xeito, as protagonistas comezan a vivir unha serie de experiencias do máis absurdo.
Cando: sábado 21 de outubro ás seis dat tarde.
Onde: Casa da Cultura de Begonte.
Comedia. Todos os públicos.

Unidade de ozono de Pol, trae a obra titulada “A quimera do maxín“.
Sinopse: Un escultor traballa nunha estatua con toda dedicación, ela dálle consellos sobre o acabado, pero el non quere escoitar. A estatua rematada é colocada nun pedestal no medio do parque, no que ninguén lle fai caso. Esa indiferenza dálle moito que pensar e moito que sentir, así que a estatua decide tomar outro camiño, quere deixar de ser estatua e converterse en actor, ou en bailarín; quere falar, saltar…quere ser o que ela queira, non o que o escultor quixo que fora.
Cando: sábado 28 de outubro ás cinco da tarde.
Onde: Casa da AV do Castro.
Comedia. Público infantil e familiar.

Lucecús ofrecerá a obra “PinguíSOS“.
Sinopse: A partires dunha noticia real sobre a chegada de centos de pingüíns ás costas brasileiras arrastrados pola corrente e confundidos pola calor tropical, a compañía conta a historia de tres pingüíns que viaxan nunha balsa, camiño da terra desexada, unha fábula sobre os procesos migratorios. Estes tres individuos procedentes dunha realidade tan diferente viaxan ao corazón de Europa, na procura da felicidade da que tanto escoitaron falar e para chegar ao seu obxectivo terán que pasar unha chea de aventuras por mar e terra baixo un sol ou un frío que abrasa ou conxela. A súa primeira parada, e porta de entrada a Europa, será Galicia.
Cando: sábado 4 de novembro ás sete e media da tarde.
Onde: Casa da AV do Castro.
Traxicomedia social. Público infantil e familiar.

Todas as representacións son de balde

Dúas das obras están dentro do programa Buxiganga da Deputación de Lugo ao que hai que agradecer que siga apostando polo teatro na provincia de Lugo. Tamén agradecer ao Concello de Begonte a cesión da Casa da Cultura e, por suposto, á Asociación Veciñal do Castro, que sempre colabora con nos neste tipo de actividades.

Actos: Lucecús Teatro con “A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna”

Este sábado 2 de Abril ás 17:30 horas terá lugar a representación da obra “A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna” polo grupo Lucecús Teatro no local da Asociación Veciñal do Castro (Begonte).
A partir de textos do poeta Manuel María, os Lucecús van construír a curiosa e divertida historia desta máxico personaxe, o poeta Manuel de Paderna. Un home posuído por un enfeitizo poético que dominaba a palabra dun xeito que facía parar as augas dos ríos, variar a situación dos mares, abrollar as fontes ou curar as persoas. Hai quen di que mesmo o paxaros suspendían o seu voo e ficaban inmóbiles no aire para aprender o seu canto e melodía.

Esta representación chega a Begonte dentro da programación dos Seráns Culturais da Área de Cultura da Deputación de Lugo.

Como sempre, queremos agradecer á Asociación Veciñal do Castro a súa disposición para poder levar esta obra ao seu local social.

lucecus

A %d blogueros les gusta esto: