Fotos de Vacacións no mar de Mircromina

Representación especial para a rapazada que gozou dun teatro que segue engaiolando aos máis pequenos, a maxia dos títeres segue viva.

Mircromina-2

Mircromina-7

Mircromina-11

Mircromina-10

Podes ver o resto das fotos no noso álbum Mircromina en Baamonde en Flickr.

Advertisement

II Ciclo de Teatro de Castiñeiro Milenario

¡¡Actualización importante!!

Trasladamos a actuación de Isabel Risco para o 18 de outubro, mesma hora e lugar.

Pois xa está aquí a II Edición do Ciclo de Teatro que organiza Castiñeiro Milenario e que levará representacións por catro parroquias do concello.

Data e lugar: 6/9, 19:00. Praza de Pacios

ollomao_oeoeoe Colectivo Ollomao vai presentar…Oé, oé, oé! obra que convida co seu título a un xúbilo mentireiro. A obra enteira está salpicada dun humor que de entrada fai cóxegas pero, de saída, rabuña.
Veranio, Toñito e Amancio son personaxes familiares, grotescos e tenros que chegan irremediablemente ao fondo das cousas. O tres queren escapar dunha realidade frustrante e enterran a súa amargura no fútbol, posiblemente porque xa non cren en nada, nin se senten representados por ninguén. Tres personaxes que son capaces de percorrer máis de mil quilómetros para plantarse, cinco días antes do inicio do «partido do século», diante do despacho de billetes do campo de fútbol.
O fútbol, que é un bo pretexto para escaparlle ao serio, convértese, así, en algo esencial para aqueles que empezan perdendo a esperanza e terminan perdendo o rumbo. Dentro desa lóxica perversa, a televisión, responsable dun triste proceso de «idiotización», acaba sendo o único deus que lle dá sentido ás súas vidas.
O autor saca o teatro á rúa para reflexionar sobre o que nos está pasando. Se elixe o fútbol como escusa é porque sabe que a paixón ispe ao home, confésao, e se as súas conclusións son demoledoras é porque a actualidade non dá para máis.

Data e lugar: 12/9, 12:00. Praza de Baamonde.

Mircromina Títeres representará…Vacacións no mar. A Mariña encantaríalle viaxar polo mundo adiante. Un día, Moncho chega ao porto co seu veleiro “Ovos con patacas”. Pero nun descoido o pirata Ollo Birollo toma prestada a nave e faise ao mar. Tras 45 minutos de acción, cumprirá Mariña o seu soño de dar a volta ao planeta?
A compañía fai teatro de títeres cun marcado carácter artesanal pois tanto as escenografías como os mecanismos e bonecos son pezas únicas, deseñadas e creadas no propio obradoiro da compañía. Este espírito artesanal chega ata a música do espectáculo: parte dela foi creada especificamente para o espectáculo por Falsario, artista que traballa en exclusiva para a compañía Mircromina.

Data e lugar: 20/9, 20:00. Casa da Cultura de Begonte.

nabizagirl A grande Isabel Risco presentará o seu monólogo…Nabiza Girl e Unha Viaxe EspaZial. Dúas personaxes que ata poden chegar a ser catro, Nabiza Girl e a súa sobriña, a superheroína galega, e a primeira cosmonauta coruñesa, son as protagonistas desta peza de teatro unipersoal. Nabiza Girl aparece como unha chispa. Despois de contar a súa historia, mostra ás súas capacidades e relata ás súas aventuras. Despídese para dar paso á súa sobriña, unha adolescente que acaba de chegar de Unha Viaxe EspaZial, da unha clase acelerada de koruño…pero algo lle pasa ao beber da súa bebida preferida, sofre unha transformación insospeitada.

Data e lugar: 27/9, 19:00. Local da A.V. do Castro.

Os Palimoquiños farán a súa obra…O Rato de Biblioteca, un conto a través da historia dun vello bibliotecario do Museo Provincial, dos seus libros e dunha estudante da Escola de Artes Aplicadas Ramón Falcón de Lugo atoparémonos e coñeceremos a historia de Lugo dende os copori ate a invasión dos suevos.

Ciclo_Teatro_2014_webv2

A %d blogueros les gusta esto: