Deixamos algunhas das fotos dun día fermoso e unha noite inesquecible. Os Brigan fixeron un alto na súa xira de presentación do disco Rúa San Giacomo en Begonte. Ver o nome do noso pobo nun cartaz tan importante e a repercusión que tivo nos medios, énchenos de ledicia e satisfacción. Así que moitas grazas aos rapaces de Brigan, pola paciencia no obradoiro e por adaptarse a facer un concerto en acústico. Por suposto, grazas aos grupos que fixeron unha foliada ben bonita: aos Foliadeir@s do Castro, a Xaquelogo e Os Fedellos Da Ulloa, ¡festaza compañeir@s! e non esquecemos aos bailadores e bailadoras, a festa non é a mesma sen elas. Grazas a todas a persoas asistentes, pola vosa compaña e á AV do Castro, como sempre, por deixarnos esa marabilla de local.
Podes ver todas as fotos en Brigan e Foliada de Inverno 2018 en Flickr