Outro ano máis queremos celebrar o Samaín e para iso imos facer un percorrido por Baamonde e Pacios o 31 de outubro e facelo como nos presta, cantando por algúns dos bares da contorna. Para iso, ademais de afinar a nosas gorxas e os nosos instrumentos, debemos acompañarnos coa indumentaria axeitada para a ocasión. A idea é que vaiamos de negro, as mulleres, pano na cabeza, como se fose de loito; os homes, igualmente de negro. Tamén se pode ir de túnica negra ou similar.
O lugar de saída será no Taberna do Labrego, ás oito e media da tarde para ir visitar algúns dos bares de Pacios e logo ir ata Baamonde. O desprazamento entre bar e bar farase en procesión entoando unha cantiga ben arrepiante.
¡Ollo o 31 non te colla a Santa Compaña!!
Celebrando o Samaín 2019
25 Out 2019 1 comentario
en Actos Etiquetas:Actos, Baamonde, música tradicional, Pacios, Samaín
Cantos de Nadal 2018
14 Dec 2018 Deixar un comentario
en Actos Etiquetas:Actos, Asociación Músico Crisanto, Baamonde, Cantos de Reis, Pacios
Rematamos este 2018 coa derradeira actividade e tal e como nos gusta, ímolo facer coa nosa música tradicional. O mércores 19 de decembro, a partir das sete e media, comezamos na zona de Baaomonde para logo rematar en Pacios cos típicos Cantos de Nadal e música tradicional. Esta actividade é unha colaboración coas Escolas de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei da Asociación Músico Crisanto. É unha actividade aberta, polo que se te queres unir non hai problema, todo o mundo está convidado.
Celebrando o Samaín
26 Out 2018 Deixar un comentario
en Actos Etiquetas:Actos, Baamonde, música tradicional, Pacios, Samaín
Este ano desde Castiñeiro Milenario queremos celebrar o Samaín e para iso imos facer un percorrido por Baamonde e Pacios o 31 de outubro e facelo como nos presta, cantando por algúns dos bares da contorna. Para iso, ademais de afinar a nosas gorxas e os nosos instrumentos, debemos acompañarnos coa indumentaria axeitada para a ocasión. A idea é que vaiamos de negro, as mulleres, pano na cabeza, como se fose de loito; os homes, igualmente de negro. Tamén se pode ir de túnica negra ou similar.
O lugar de saída será no Restaurante Galicia, ás oito da tarde para ir visitar algúns doa bares de Baamonde e logo ir ata Pacios. O desprazamento entre bar e bar farase en procesión entoando unha cantiga ben arrepiante.
¡Ollo o 31 non te colla a Santa Compaña!!
Fotos: Cantos de Nadal
08 Xan 2018 Deixar un comentario
en Fotos Etiquetas:Baamonde, Cantos de Reis, música tradicional, Pacios
Velaí van unhas cantas fotos do noso precorrido por algúns dos locais de Pacios e Baamonde facendo os Cantos de Nadal (e algún profano). Grazas ao Muíño de Pacios e ao Madia Leva de Baamonde por deixarnos botar uns berros e, especialmente, á Taberna do Labrego e ao Galicia que, por riba de aturarnos, aínda deron o aguinaldo.
Podes ver o resto das fotos no álbum Cantos de Nadal 2017 na nosa conta en Flickr.
Actos: Cantos de Nadal
24 Dec 2017 Deixar un comentario
en Actos Etiquetas:Actos, Baamonde, Cantos de Reis, música tradicional, Pacios
Imos rematar este 2017 coa derradeira actividade do ano e tal e como nos gusta facer, ímolo facer coa nosa música tradicional. O venres 29 de decembro ás sete e media, empezaremos na Taberna do Labrego en Pacios para logo ir visitando outros lugares de Pacios e Baamonde cos típicos Cantos de Nadal e música tradicional. É unha actividade aberta, polo que se te queres unir non hai problema, todo o mundo está convidado.
Fotos: Cata de cervexas galegas 2017
09 Xuñ 2017 Deixar un comentario
en Fotos Etiquetas:cata, cervexa artesá, Malte, Pacios, Taberna do labrego
Un ano máis, e xa van tres, poidemos gozar da Cata maridaxe de cervexas artesás galegas da man de Juan Fernández e de Jose Angel Corral, un dúo que, como sempre, deixaron o listón de calidade moi, moi alto.
Desde Castiñeiro Milenario queremos agradecerlles a Juan e Jose Ángel o seu bo facer e, sobre todo, a súa implicación. Tal e como están as cousas, arriscar no teu propio negocio para facer cousas así é moito de agradecer e alabar. Tamén agradecer ás persoas que se achegaron para descubrir eses novos sabores da cervexa artesá, e que, de novo, cubriron todas as prazas dispoñibles, un éxito que non é doado de conseguir.
Aquí deixamos algunhas das fotos da xornada.
Podes ver o resto de fotos no noso álbum Cata de cervexas galegas 2017 en Flickr.