Actos: Obradoiros de percusión e foliada

O sábado 15 de febreiro Castiñeiro Milenario organiza unha grande xornada de música e festa rachada. Nun acto de portas abertas, a “nosa” Branca Villares porá aos máis cativ@s a bailar, cantar e maquinar, pois poderán gozar a partires das 18 horas dun obradoiro chamado “Choca, choca…que eí ven o Entroido“, unha mestura de xogos de música con actividade plástica para @s cativ@s, o obxectivo será descubrir os elementos do entroido tradicional galego, facer instrumentos reciclados e aprender un par de ritmos e as súas cantigas. Despois de gastar tanta enerxía, ao rematar teremos unha chocolatada con churros.

Ás 19:45, de novo con Branca Villares, comezaremos o obradoiro de percusión e cantares empregando todo de instrumentos, desde as típicas pandeiretas ou pandeiros, ata os chamados instrumentos miúdos, traballando algún dos ritmos típicos, melodías, xogos de voces e moito máis.

xaoraAo rematar, teremos liscos, chourizos, viño e cervexa, haberá que ir collendo enerxías para a foliada que remate a festa. O grupo Xaora será o encargado de abrir a foliada que será aberta e participativa, un grande remate de festa para unha grande xornada adicada á nosa cultura popular.
Para calquera dúbida podedes contactar connosco polas canles habituais: este mesmo blogue, no Facebook, no twitter, ou no noso contacto.

Unha vez máis queremos agradecer á Asociación de veciñ@s de O Castro a súa total colaboración para facer este acto nas súas magníficas instalacións.

Exposición

Advertisement

O Obradoiro de pandeiros no Progreso

Artigo publicado no Progreso, edición A Chaira, sobre o obradoiro de pandeiros que organizou Castiñeiro Milenario o pasado domingo. Un éxito tanto pola participación, pois cubrimos todas as prazas, pola xente que se achegou a Begonte e polo magnífico facer de Xosé Maceda, tanto a nivel de coñecementos da nosa tradición musical como pola paciencia e bo facer para que ao final todos e todas sairamos co noso pandeiro na man.

Obradoiro de pandeiro

Actos: Obradoiro de construción de pandeiros

Exposición

O vindeiro 30 de xuño, Castiñeiro Milenario organiza un obradoiro de construción de pandeiros. O obradoiro vai dirixido a calquera persoa interesada na elaboración dun pandeiro e non se precisa ningunha formación previa. O monitor é o encargado de traer o material e as ferramentas necesarias. O obxectivo deste obradoiro é coñecer e aplicar as técnicas básicas para a construción dun pandeiro tradicional de pel cosido a man. Os participantes levaranse, ó remate do curso, o instrumento que eles elaboren. O curso pode ter unha duración de 3 a 4 horas, en función do número de alumnos que asistan e da rapidez coa que vaian adquirindo habilidades prácticas.
Dependendo do número de alumn@s pode haber dúas quendas, unha de mañá (de 10 a 14 horas) e outra de tarde (de 16 a 20 horas), polo que cando te apuntes debes indicar que quenda prefires. O prezo do obradoiro é de 53€.

O monitor é Xosé Maceda, coñecido percusionista do grupo Folc-Tradicional QUEMPALLOU dende o seu comezo. Vencellado a música dende neno, achégase a percusión tradicional da man de xente recoñecida como Luis Prego, Chuco Estévez, X.L. Romero. Na actualidade é mestre de baile e percusión tradicional da Escola Municipal de Música do Concello da Pobra do Brollón.

Para apuntarse podes facelo neste mesmo blogue, no Facebook, no twitter, no noso contacto ou chamando ao 616 705174.

A %d blogueros les gusta esto: