A setas e a rólex

Este fin de semana supuxo un paso máis cara a normalidade e recuperamos os fermosos Paseos Micolóxicos xunto á nosa benquerida Sociedade Micolóxica Lucus pero como somos xente activa e nos presta complicarnos, ademais do paseo tiñamos xornada de billarda na LNB, é dicir, este domingo andamos, como dicía o chiste a setas e a rólex (billardas).

A setas

A xornada comezou ás 10 da mañá na Casa do Pobo do Castro como punto de partida. Dada a prolongada seca deste ano e sospeitando que non habería moitos cogomelos, decidiuse dar o paseo á beira do río pola zona da lagoa do Ollo. Grazas aos ollos expertos dos nosos guías, á súa experiencia e ao seu inmenso coñecemento puidemos identificar algunhas cantas especies e aprender un feixe de cousas sobre os cogomelos e da natureza en xeral. A xornada, como sempre, rematou cun xantar comunitario entre as socias das dúas organizacións.

A rólex

A xornada continuou ás 11 da maña do Campo de Veiga do Olmo en Castroverde. Primeiro chanzo nunha nova edición da Liga Nacional de Billarda e terceira vez que un equipo de Begonte está representado. A xornada foi magnífica, cun campo en perfectas condicións e unha climatoloxía fantástica para que as palanadoras fixesen zoar as billardas polo ceo castroverdés. Unha xornada máis no equipo de Castiñeiro as palanadoras foron maioría e a actuación do equipo foi moi boa, tendo no palán de Pablo Gómez a posibilidade de subir ao caixón dos vencedores por primeira vez na nosa historia; finalmente, o desempate non foi favorable e quedou nunha magnífica quinta posición, a mesma posición que ocupou o equipo.

Para rematar, xuntamos ambas actividades e fixemos un pequeno obradoiro de billarda para membros da SMLucus, algún dos cales dáballe con bastante xeito.

Advertisement

Paseo micolóxico 2022 (só para asociad@s)

Semella que as cousas volven ao rego, paseniño, pero volven. Así que, despois de tres anos, a Sociedade Micolóxica Lucus e a Asociación Cultural Castiñeiro Milenario presentamos unha nova edición do Paseo Micolóxico. No local da Asociación Veciñal do Castro e a partir das dez da mañá do domingo 25 de setembro, as persoas asociadas das dúas organizacións imos realizar un paseo micolóxico por algunhas das fragas do Concello de Begonte, co obxectivo de poder estudar e identificar os cogomelos no seu propio hábitat. Despois deste paseo, organizaremos unha comida conxunta de confraternidade no mesmo local social, cedido de xeito desinteresado para a ocasión. O xantar e a bebida achegarase por parte de ambas asociacións, aínda que calquera soci@ que o desexe pode aportar voluntariamente algunha preparación para complementar a mesma e compartir cos asistentes.

Programa e horarios aproximados da actividade:
10:00 horas Comezo do paseo micolóxico.
13:30 horas Remate do paseo micolóxico.
14:30 horas Xantar comunitario.

O Paseo Micolóxico é unha actividade de balde para @s soci@s de ámbalas dúas asociacións, mesmo o xantar correrá a cargo de SMLucus e a AC Castiñeiro Milenario. O prazo para anotarse remata o xoves 22 de setembro pola tarde e podes facelo mandando un correo a castineiromilenario@hotmail.com ou a través das nosas redes sociais

PD: por problemas alleos a Castiñeiro Milenario aínda non puidemos pasar as cotas do ano 2022, consideraremos soci@s a todas as persoas que xa achegaron a documentación precisa. Probablemente ao principio da semana que vén, se nada se torce de novo, faremos o cargo do recibo correspondente a este ano 2022, desculpade as molestias.

Paseo micolóxico 2019 (só para asociad@s)

Un ano máis a Sociedade Micolóxica Lucus e a Asociación Cultural Castiñeiro Milenario presentamos unha nova edición do Paseo Micolóxico. A partir das dez da mañá, as persoas asociadas das dúas organizacións imos realizar un paseo micolóxico por algunhas das fragas do Concello de Begonte, co obxectivo de poder estudar e identificar os cogomelos no seu propio hábitat. Ao mediodía organizaremos unha comida conxunta de confraternidade no local social da Asociación Veciñal do Castro, cedido de xeito desinteresado para a ocasión. A comida e bebida achegarase por parte de ambas asociacións, aínda que calquera soci@ que o desexe pode aportar voluntariamente algunha preparación para complementar a mesma e compartir cos asistentes.

Ademais como novidade, este ano despois do xantar, José Castro da Sociedade Micolóxica Lucus, dará un pequeno obradoiro de identificación, clasificación e visión baixo lupa de diferentes cogomelos. Este obradoiro é de balde e está aberto ao público en xeral.

Programa e horarios aproximados da actividade:
10:00 horas Comezo do paseo micolóxico.
13:30 horas Remate do paseo micolóxico
14:30 horas Xantar
17:00 horas Obradoiro de identificación e clasificación de cogomelos.
18:30 horas Remate da actividade

O Paseo Micolóxico é unha actividade gratuíta para @s soci@s de ámbalas dúas asociacións, mesmo o xantar correrá a cargo de SMLucus e a AC Castiñeiro Milenario. O prazo para apuntarse remata o venres 27 de setembro pola mañá.
O Obradoiro de identificación tamén é unha actividade de balde e aberta ao público en xeral.

Fotos: Paseo Micolóxico 2018

Un ano máis a colaboración entre a Sociedade Micolóxica Lucus e a Asociación Veciñal do Castro deu como resultado unha nova xornada de achegamento ao mundo dos cogomelos e o posterior xantar comunitario. Como sempre, un xornada interesante e festiva.

PaseoMicoloxico_2018-3

PaseoMicolóxico_2018-4

PaseoMicolóxico_2018-5

Máis fotos no noso álbum Paseo Micolóxico 2018 en Flickr

Paseo micolóxico 2018 (só para asociad@s)

Un ano máis a Sociedade Micolóxica Lucus e a Asociación Cultural Castiñeiro Milenario presentamos unha nova edición do Paseo Micolóxico. A partir das dez da mañá, as persoas asociadas das dúas organizacións imos realizar un paseo micolóxico por algunhas das fragas do Concello de Begonte, co obxectivo de poder estudar e identificar os cogomelos no seu propio hábitat. Ao mediodía organizaremos unha comida conxunta de confraternidade no local social da Asociación de Veciños de O Castro, cedido de xeito desinteresado para a ocasión. A comida e bebida achegarase por parte de ambas asociacións, aínda que calquera soci@ que o desexe pode aportar voluntariamente algunha preparación para complementar a mesma e compartir cos asistentes.

Programa e horarios aproximados da actividade:
10:00 horas Comezo do paseo micolóxico.
13:30 horas Remate do paseo micolóxico
14:30 horas Xantar
17:30 horas (aproximada) Remate da actividade (aquel soci@ que desexe marchar antes poderá facelo)

A actividade é gratuíta para @s soci@s de ámbalas dúas asociacións, mesmo o xantar correrá a cargo de SMLucus e a AC Castiñeiro Milenario. O prazo para apuntarse remata o venres pola mañá.

Fotos do Paseo Micolóxico 2017

Aí quedan unhas cantas das fotos do Paseo micolóxico 2017, actividade conxunta entre a Sociedade Micolóxica Lucus e AC Castiñeiro Milenario polas fragas begontinas. Como sempre, unha gran xornada de aprendizaxe e convivencia.

Paseo micolóxico 2017

Paseo micolóxico 2017

Paseo micolóxico 2017

Podes ver todas as fotos no álbum Paseo Micolóxico 2017 no noso Flickr

Anterior Entradas máis antigas

A %d blogueros les gusta esto: