Rematamos o verán coa actuación do grupo Quempallou. Agradecermos á Deputación de Lugo as facilidades para poder traer ao grupo dentro do programa Verán Cultural 2016 e ao Concello de Begonte polas infraestruturas para que a xornada musical saíra o mellor posible.
Deixamos algunhas das fotos, o resto podes velo no noso álbum en Flickr: Quempallou en Baamonde.
Fotos: Concerto de Quempallou
06 Out 2016 Deixar un comentario
en Fotos Etiquetas:Baamonde, música tradicional, Quempallou
Verán Cultural 2016: Quempallou
20 Set 2016 Deixar un comentario
en Actos Etiquetas:Baamonde, música tradicional, Quempallou, verán cultural
Quempallou é unha das referencias fundamentais no panorama da música tradicional e folc de Galicia nos últimos vinte anos. Formados no ano 1999 con integrantes da zona da montaña lucense e das rías baixas, montaña e mar, O Incio e Bueu misturando xeitos de tocar e de ver a nosa música tradicional. A formación foi, no seu momento, toda unha revolución, xuntando as gañas de facer festa, co compromiso social; capaces de encher o torreiro cunhas letras cargadas de intencións. Na actualidade Quempallou está formado por Roi Maceda, no acordeón; Guillerme Ignacio, na gaitas, frautas e voz; Isaac Millán, no bouzouki e guitarras; Roi Adrio, nas percusións e Rubén Trotiño nas gaitas e clarinete.
Teñen sacado cinco discos ao mercado, Quempallou (2002); Estremonías (2004), disco fundamental na historia recente na nosa música tradicional; Polo Aire! (2007); o recompilatorio Once anos mallando (2010); Vellas Novas (2012) e o novedoso xeito de sacar traballo discográfico por partes e sen formato físico, os famosos Quarteiróns 1 (2015) e 2 (2016).
O concerto está programado para as 23 horas do venres 23 de setembro na Praza de Baamonde e está incluído dentro do Verán Cultural 2016 da Deputación de Lugo, á que queremos agradecer a súa disposición para traer ao grupo ata Begonte e ao Concello por facilitar as estruturas necesarias para o evento.
Só queda berrar un longo LUUUUMEEEE!! e veña festa.