Fotos: Pre-estrea do Agasallo de Anya

Esta semana vai a definitiva. O 17 de Maio a compañía Trécola vai estrear no Museo Provincial de Lugo a adaptación da novela de Sabela Núñez Singala, “O Agasallo de Anya“. Por sorte, nós tivemos o privilexio de gozar da obra o pasado día do libro. Unha honra que contaran con nós para facer unha actuación previa a esa grande estrea en Lugo.

Aí van algunhas das fotos do evento.

Pre estrea do Agasallo de Anya

Pre estrea do Agasallo de Anya

Pre estrea do Agasallo de Anya

Pre estrea do Agasallo de Anya

Podes ver todas as fotos no álbum Pre estrea “O Agasallo de Anya” en Flickr.

Advertisements

Teatro: Pre-estrea de “O Agasallo de Anya”

Como dícía o grande Galeano, “Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, poden cambiar o mundo“. Isto ben se podía a aplicar á autora que hoxe nos ocupa, Sabela Núñez Singala, profesora, activista, escritora e loitadora. Dun proxecto pequeno chamado Mochiliña de cores, seguiulle outro, chamado Cestiña de cores, un xeito de involucrar a moita xente para levar axuda de xeito directo ata un orfanato de Ucraína. Desa historia vital e preciosa, xurde unha novela infantil que nos achega á realidade de dúas nenas, Xiana que é galega e ten once anos e Anya, unha cativa ucraína desa mesma idade. “O agasallo de Anya” é xa un referente da literatura para xoves en galego.

E por outra banda temos ao grupo de monicreques Trécola de Pol, co que tivemos a grande fortuna de coincidir unhas cantas veces. O seu último proxecto é levar a escena esa obra de Sabela ao teatro de monicreques, un reto que comezaron desde cero, coa creación dos monicreques, os decorados e a adaptación da historia a ese teatro tan complicado. De novo, xente pequena, de lugares pequenos, facendo cousas pequenas para tentar de cambiar o mundo.

O resultado desde binomio fantástico é a obra O agasallo de Anya para teatro de monicreques que acaba de ser pre estreada en Muimenta, a localidade onde vive a autora. Grazas a petición expresa da compañía teatral o seguinte lugar de preestrea é o Concello de Begonte, en concreto, no local da AV do Castro. Non se nos ocorre mellor xeito de celebrar o día do libro que participando na creación dunha pequena biblioteca, dun lugar pequeno e compartir con todos vós a pre estrea de O Agasallo de Anya da compañía Trécola…e nós estamos absolutamente encantad@s.

.

%d bloggers like this: