Celebrando o Samaín 2019

Outro ano máis queremos celebrar o Samaín e para iso imos facer un percorrido por Baamonde e Pacios o 31 de outubro e facelo como nos presta, cantando por algúns dos bares da contorna. Para iso, ademais de afinar a nosas gorxas e os nosos instrumentos, debemos acompañarnos coa indumentaria axeitada para a ocasión. A idea é que vaiamos de negro, as mulleres, pano na cabeza, como se fose de loito; os homes, igualmente de negro. Tamén se pode ir de túnica negra ou similar.
O lugar de saída será no Taberna do Labrego, ás oito e media da tarde para ir visitar algúns dos bares de Pacios e logo ir ata Baamonde. O desprazamento entre bar e bar farase en procesión entoando unha cantiga ben arrepiante.
¡Ollo o 31 non te colla a Santa Compaña!!

Advertisement

Hemeroteca: Celebrando o Samaín

Un par de fotos coa repercusión que tivo nos medios, a celebración do Samaín, incluíndo ser portada do suplemento A Chaira do xornal El Progreso.

Fotos: Celebrando o Samaín

Deixamos algunhas das fotos que amablemente nos fixo Cristina Pérez do Progreso.

Celebrando o Samaín

Este ano desde Castiñeiro Milenario queremos celebrar o Samaín e para iso imos facer un percorrido por Baamonde e Pacios o 31 de outubro e facelo como nos presta, cantando por algúns dos bares da contorna. Para iso, ademais de afinar a nosas gorxas e os nosos instrumentos, debemos acompañarnos coa indumentaria axeitada para a ocasión. A idea é que vaiamos de negro, as mulleres, pano na cabeza, como se fose de loito; os homes, igualmente de negro. Tamén se pode ir de túnica negra ou similar.
O lugar de saída será no Restaurante Galicia, ás oito da tarde para ir visitar algúns doa bares de Baamonde e logo ir ata Pacios. O desprazamento entre bar e bar farase en procesión entoando unha cantiga ben arrepiante.
¡Ollo o 31 non te colla a Santa Compaña!!

A %d blogueros les gusta esto: