7º Ciclo de Teatro: Vero Rilo

Derradeira sesión deste sétimo ciclo de Teatro de Castiñeiro Milenario e como na edición pasada, decidimos levalo a un dos colexios de Begonte, nesta ocasión o teatro vai chegar ao Colexio Virxe do Corpiño de Begonte e ademais non podiamos acabar de mellor xeito que cunha das mellores contadoras de contos e lerias do país: Vero Rilo.

Contos e lerias” son historias que non nos deixan esquecer aos máis maiores, eses avós e avoas sempre presentes, contos para pacientes, para impacientes, para o demo, para tremer de medo, para o mal tempo boa cara e para amarse e durmir quentiños. Un espectáculo de contos cos que medrar e aprender a pasar pola vida.

Advertisement

7º Ciclo de Teatro: Touporroutou

Segunda das representacións deste ciclo de teatro, coa compañía focense, Touporroutou e a súa “Comedia Bífida”. Será o 9 de novembro ás sete da tarde na Casa da Cultura de Begonte dentro do programa Buxiganga da Deputación Provincial de Lugo e coa colaboración do Concello de Begonte.

7º Ciclo de Teatro: A Adala Infantil

Xa está aquí unha nova edición, a sétima, do Ciclo de Teatro de Castiñeiro Milenario.
Este sábado comezaremos coa primeira representación na que nos visitará a compañía de Foz, A Adala Infantil coa obra titulada “Que cousas pasan no Camiño!“. Esta obra está dentro do programa Buxiganga da Deputación Provincial de Lugo.
A representación terá lugar o sábado 21 de setembro, ás 18 horas na Casa do Pobo no lugar do Castro en Begonte.

Agradecemos á Asociación Veciñal do Castro a súa implicación e xenerosidade ao deixarnos o seu local social para esta representación teatral.

Hemeroteca: 6º Festival de Teatro

Fotos: Xogo Revolto de Trécola

A derradeira das representacións do 6º Festival de Teatro tróuxonos á compañía de Teatro de Marionetas Trécola e a súa obra “Xogo revolto”, unha reflexión sobre o acoso escolar. Por primeira vez, o festival de teatro reuníu á rapazada dos colexios de Begonte e Baamonde para gozar desta representación. Agradecemos a gran disposición dos dous colexios para participar desta xornada de teatro e ogallá sexa a primeira dunha chea de accións conxuntas.
Deixamos algunha foto desta gran xornada.

Fotos: A Mariña Teatro en Begonte

Deixamos unhas fotos do paso da Compañía de Teatro A Mariña na súa representación, “Ti es único” dentro do programa Buxiganga da Deputación de Lugo. Unha obra contra o acoso escolar, chea de emoción e que deixou ao público encantado, polo gran traballo dos monitores e, sobre todo, desas marabillosas actrices e actores.

A_Mariña-6

A_Mariña-8

A_Mariña-11

A_Mariña-12

O resto de fotos podes velas no noso álbum de A Mariña Teatro 2018 en Flickr

Anterior Entradas máis antigas

A %d blogueros les gusta esto: