Fotos: Obradoiro de torno

Hai xa unhas semanas que rematamos o Obradoiro de torno impartido por Julio Guntín, e polo que se pode apreciar, se o mestre era bo, os alumnos tampouco eran mancos. Aí quedan algunhas das fotos que fixemos neste curso.

Obradoiro de torno

Obradoiro de torno

Obradoiro de torno

Obradoiro de torno

Obradoiro de torno

Obradoiro de torno

Podes ver tódalas fotos no seguinte álbum na nosa conta de Flickr: “Obradoiro de Torno“.

Obradoiro de torno

Castiñeiro Milenario vai organizar un Obradoiro de Torno do 23 de Setembro ao 4 de Outubro. Dúas semanas de luns a venres, dúas horas diarias a partir das oito da noite, é dicir, un total de vinte horas para empezar a iniciarse na arte do manexo do torno. O lugar de celebración será a antiga escola de O Castro, cedida amablemente polos veciñ@s do pobo para este curso.
O obradoiro vai estar impartido por Julio Guntín, recoñecido torneiro de Vilalba do que podedes ver algunha das súas obras na súa propia páxina web, Guntintorno.
As prazas son limitadísimas, polo que se farán por estrito orde de petición, pero se houbera xente interesada poderiamos repetir o obradoiro noutras datas.
O prezo total do curso será de 80 euros para os soci@s e de 100 euros para os non soci@s.

Podedes contactar con nós a través do móbil (618717938), neste mesmo blogue, no Facebook, no twitter, ou no noso contacto.

cartaz_torno

%d bloggers like this: