A derradeira das representacións do 6º Festival de Teatro tróuxonos á compañía de Teatro de Marionetas Trécola e a súa obra “Xogo revolto”, unha reflexión sobre o acoso escolar. Por primeira vez, o festival de teatro reuníu á rapazada dos colexios de Begonte e Baamonde para gozar desta representación. Agradecemos a gran disposición dos dous colexios para participar desta xornada de teatro e ogallá sexa a primeira dunha chea de accións conxuntas.
Deixamos algunha foto desta gran xornada.
Fotos: Xogo Revolto de Trécola
17 Dec 2018 Deixar un comentario
en Fotos Etiquetas:Baamonde, Begonte, Teatro, Trecola
6º Festival de Teatro
16 Set 2018 2 Comentarios
en Actos Etiquetas:A Mariña, Alentía Teatro, Begonte, O Castro, Teatro, Trecola
Presentamos a 6ª edición do Festival de Teatro de Begonte. Nesta ocasión contaremos con tres representacións.
Alentía Teatro coa obra, “Manancial de Fantasía“.

Cando: Sábado, 22 de setembro, ás 18:00 horas.
Onde: Na casa do pobo da Asociación Veciñal do Castro.
Grupo de Teatro, A Mariña, coa obra, “Eres ínico: Teatro contra o bullying“.

Cando: Sábado 20 de Outubro ás 19:00 horas.
Onde: Casa da Cultura de Begonte
Marionetas Trécola coa representación de “Xogo Revolto“.

Non temos a data definitiva desta actuación. Iremos informando.
Todas as representacións son de balde
Dúas das obras están dentro do programa Buxiganga da Deputación de Lugo ao que hai que agradecer que siga apostando polo teatro na provincia. Tamén agradecer ao Concello de Begonte a cesión da Casa da Cultura e, por suposto, á Asociación Veciñal do Castro, que sempre colabora con nos neste tipo de actividades.

Fotos: Pre-estrea do Agasallo de Anya
15 Mai 2017 Deixar un comentario
en Fotos Etiquetas:Monicreques, O Agasallo de Anya, O Castro, Sabela Núñez Singala, Teatro, Trecola
Esta semana vai a definitiva. O 17 de Maio a compañía Trécola vai estrear no Museo Provincial de Lugo a adaptación da novela de Sabela Núñez Singala, “O Agasallo de Anya“. Por sorte, nós tivemos o privilexio de gozar da obra o pasado día do libro. Unha honra que contaran con nós para facer unha actuación previa a esa grande estrea en Lugo.
Aí van algunhas das fotos do evento.
Podes ver todas as fotos no álbum Pre estrea “O Agasallo de Anya” en Flickr.
Teatro: Pre-estrea de “O Agasallo de Anya”
11 Abr 2017 Deixar un comentario
en Actos Etiquetas:dia do libro, O Agasallo de Anya, O Castro, Sabela Núñez Singala, Teatro, Trecola
Como dícía o grande Galeano, “Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, poden cambiar o mundo“. Isto ben se podía a aplicar á autora que hoxe nos ocupa, Sabela Núñez Singala, profesora, activista, escritora e loitadora. Dun proxecto pequeno chamado Mochiliña de cores, seguiulle outro, chamado Cestiña de cores, un xeito de involucrar a moita xente para levar axuda de xeito directo ata un orfanato de Ucraína. Desa historia vital e preciosa, xurde unha novela infantil que nos achega á realidade de dúas nenas, Xiana que é galega e ten once anos e Anya, unha cativa ucraína desa mesma idade. “O agasallo de Anya” é xa un referente da literatura para xoves en galego.
E por outra banda temos ao grupo de monicreques Trécola de Pol, co que tivemos a grande fortuna de coincidir unhas cantas veces. O seu último proxecto é levar a escena esa obra de Sabela ao teatro de monicreques, un reto que comezaron desde cero, coa creación dos monicreques, os decorados e a adaptación da historia a ese teatro tan complicado. De novo, xente pequena, de lugares pequenos, facendo cousas pequenas para tentar de cambiar o mundo.
O resultado desde binomio fantástico é a obra O agasallo de Anya para teatro de monicreques que acaba de ser pre estreada en Muimenta, a localidade onde vive a autora. Grazas a petición expresa da compañía teatral o seguinte lugar de preestrea é o Concello de Begonte, en concreto, no local da AV do Castro. Non se nos ocorre mellor xeito de celebrar o día do libro que participando na creación dunha pequena biblioteca, dun lugar pequeno e compartir con todos vós a pre estrea de O Agasallo de Anya da compañía Trécola…e nós estamos absolutamente encantad@s.
Fotos: Trécola con Tolitates
03 Nov 2016 Deixar un comentario
en Fotos Etiquetas:O Castro, Teatro, Trecola
Moi divertida a representación dos compañeiros de Trécola que fixeron as delicias da xente cativa co seu cambio constante de historias e personaxes.
Aquí deixamos unha fotiñas do seu paso polo IV Festival de Teatro de Begonte.
O resto de fotos podes vela no noso álbum Trécola, Tolitates.
4º Ciclo de Teatro
15 Set 2016 Deixar un comentario
en Actos Etiquetas:Begonte, Daboapipa, Debulla Escénika, Hipocrita Teatro, O Castro, Teatro, Trecola
Un ano máis coa arribada do outono, chega o Ciclo de Teatro de Castiñeiro Milenario. Desta volta contaremos con catro actuacións.
Hipócrita Teatro representará a súa obra “Emperador, que pensas? Fala!“.
Sinopse: O imperio romano está en decadencia e o emperador Galerio ven refuxiarse á afastada cidade de Lucus Augusti. Entre as súas robustas murallas, Galerio séntese a salvo. Pero unha estraña enfermidade, unha esposa ambiciosa, un anfitrión que quizabes non é o que aparenta, unha filla caprichosa… perturban a súa tranquilidade. O inimigo sempre está máis preto do que un sospeita.
Cando: 18:00. 17/09/2016
Onde: Casa da Cultura de Begonte.
Comedia. Todos os públicos.
Debulla Escénika mostrará a súa obra, “Perversóns“.
Sinopse: Érase unha vez o ser humán, que non se atopaba nin a si mesmo nin nos demáis. Tropezaba cós outros, infectado pola tiranía do seu ego nun mundo traumado de cal uniformada. Esa doenza da alma, case tan antiga como a mesma especie, converteu ós humanos en individuos controlados e manipulados, en depredadores na procura do poder e da satisfacción dos intereses persoais alimentados pola proveitosa incultura.
Cando: 20:00. 01/10/2016
Onde: Casa da Cultura de Begonte.
Crítica social. Adultos.
Trécola chegará co seu novo espectáculo, recén saído do forno, titulado “Tolitates“.
Sinopse: Dous paiasos e un obxectivo: lograr a risa do público dende o principio ata o final de cada representación. Maxia, teatro de obxetos, música, malabares,…
Cando: 18:00. 15/10/2016
Onde: Local AV do Castro.
Familiar.
Daboapipa chegará coa súa obra “Contos e lerias“.
Sinopse: Unha viaxe polos montes, prados e camiños máis verdes que puideramos ver, chea de encontros cos animais máis marabillosos: toupas choscas, chivos enormes e ogros torpes,
pombas doces e dragóns atroces, bechos estraños, cabalos azuis e cantigas de fai anos e non tantos…
Cando: 18:00. 22/10/2016
Onde: Local AV do Castro.
Familiar.
Aí vai o cartaz completo do IV Ciclo de Teatro de Begonte.