Bastante éxito nos medios de comunicación tivo esta Foliada de Inverno e o Obradoiro de Zanfona.
Estas son as fotos que saíron en El Progreso
El Progreso, 19/03/2017
28 Mar 2017 Deixar un comentario
en Hemeroteca Etiquetas:El Progreso, foliada, zanfona
Bastante éxito nos medios de comunicación tivo esta Foliada de Inverno e o Obradoiro de Zanfona.
Estas son as fotos que saíron en El Progreso
El Progreso, 19/03/2017
17 Mar 2017 Deixar un comentario
en Fotos Etiquetas:foliada, Foliadeir@s do Castro, Gaia pandereteir*s, música tradicional, O Castro, Os amigos do caldeiro, Treboada, zanfona
Moi interesante ese primeiro achegamento a un instrumento realmente incrible como é a zanfona. Ese xirar a roda sen parar e esa caixa de resonancia que é o noso corpo, foi toda unha experiencia, moi ben guiada polo mestre Óscar Fernández que nos levou por esa marabillosa viaxe polo mundo da zanfona.
Despois gozamos cunha das mellores foliadas que tivemos no Castro, así que hai que agradecer aos grupos e “espontáneos” que viñeron a agasallar coa súa música. Moitas grazas aos Foliadeir@s do Castro, A Treboada, a Gaia Pandereter*s e aos Amigos do Caldeiro. Grazas a tamén a todas as persoas (grandes e pequenas) que botaron unha man para que a cousa saíra o mellor posible, incluso neses momentos de pánico nos que pensabamos que as cousas se nos escapaban das mans. Grazas aos bailadores e bailadoras, porque as foliadas sen el@s son moito menos divertidas. Por suposto, agradecer a Asociación Veciñal do Castro, por todo.
Aí van algunhas das fotos desta Foliada de Inverno.
Podes ver o álbum completo da Foliada de Inverno no noso Flickr.
01 Mar 2017 Deixar un comentario
en Actos Etiquetas:Óscar Fernández, foliada, Foliadeir@s do Castro, Gaia pandereteir*s, música tradicional, O Castro, Obradoiro, Os amigos do caldeiro, Treboada, zanfona
¿Que estamos en inverno? ¿Chove e vai frío? Nada mellor para entrar en calor que o lume da festa e da música tradicional.
O próximo 11 de marzo retomamos as actividades culturais deste 2017, cunha gran festa da música tradicional. Pola tarde contaremos cun obradoiro de zanfona impartido polo mestre Óscar Fernández (Os Cempés, bOnOvO), toda unha referencia da música tradicional e músico capaz de levar á zanfona a territorios pouco explorados. O obradoiro terá unha duración de catro horas e vai dirixido a persoas que non teñen coñecemento algún do instrumento e queren facer unha primeira aproximación a un instrumento realmente incrible. As prazas están limitadísimas a nove, pois esas son as zanfonas que amablemente cede o Padroado de Cultura do Concello de Narón, polo que non é necesario traer zanfona. O prezo para asociad*s de Castiñeiro Milenario é de 25€ e para non asociad*s de 35€. Para apuntarse podes chamar ao 616 705174 ou no correo electrónico da asociación (castineiromilenario@hotmail.com) e as prazas serán concedidas por rigoroso orde de inscrición.
Ao rematar o obradoiro teremos uns petiscos e despois comezaremos a foliada cos seguintes grupos: Foliadeir*s do Castro de Begonte, Treboada de Rábade, Os amigos do Caldeiro e Gaia pandereteir*s de Castro Ribeiras de Lea. Agradecemos profundamente a disposición de todos os grupos que veñen a agasallar a súa música e facer unha grande festa galega. Ao rematar os grupos, Foliada aberta.
Como sempre, agradecemos á Asociación Veciñal do Castro que nos deixen o seu local para facer a festa, ao Padroado de Cultura de Narón polo “préstamo” da zanfonas e aos grupos que participan nesta Foliada de Inverno.