III Aberto do Castiñeiro

Este domingo disputouse o III Aberto do Castiñeiro, novena xornada da Liga Nacional de Billarda no Campo de Pacios

Cantos de reis

Este venres 29 de decembro siremos a cantar os reis por Begonte, Pacios e Baamonde.

Fotos: Visita guiada á expo de cogomelos da SMlucus

O domingo 5 de novembro fomos ver a exposición que fan todos os anos os amigos da Sociedade Micolóxica Lucus.

Nesta ocasión tivemos a sorte de que Julián Alonso, presidente de dita sociedade, fixese de incrible anfitrión e fose o noso guía para amosarnos a exposición. Hai que dicir que a exposición é unha auténtica marabilla e comentada por Julián foi unha experiencia única. Case douscentas especies, colocadas con agarimo, como se estivesen no seu medio natural. Nótase que detrás da exposición hai moreas e moreas de traballo e feixes de amor polo que fan.

¡Parabéns compañeiros polo traballo tan, tan ben feito! Moi agradecidas pola experiencia.

Fotos: Obradoiro de lactofermentados

Deixamos unhas fotos dun dos obradoiros máis interesantes que fixemos na asociación nos últimos anos, cunha grande mestra como Natalia Carrillo e un tema tan interesante, non podía ser doutra maneira.

Fotos: Paseo micolóxico 2023

Deixamos unhas fotos da xornada conxunta da Sociedade Micolóxica Lucus e Castiñeiro Milenario

Obradoiro de lactofermentados

Cando: Sábado 14 de outubro de 2023, de 10 a 14 h e de 16 a 20 h.

Onde: local da asociación de veciños do Castro

Canto: 25 € para non asociad@s / 15€ para soci@s (prazas limitadas)

Como: podes anotarte no noso correo castineiromilenario@hotmail.com, nas nosas redes sociais ou no teléfono 616705174

¿Por que fermentar produtos da horta?

Sempre é bo momento de comezar a fermentar pero, sobre todo, e logo duns anos nos

que a sostibilidade (dentro dun cuestionado sistema de produción alimentaria), a saúde e

bo ánimo son máis valiosos ca nunca. Vexamos algúns porqués:

Ademais de fabricar probióticos caseiros nas nosas cociñas e revitalizar a nosa

despensa, a fermentación é un método de conservación brillante e eficiente

enerxeticamente:

• Posibilitan a conservación de excedentes sen a penas consumo enerxético.

• Non precisan de fontes de calor (a diferencia das conservas e deshidratados)

nin enerxía (isto depende da escala á que traballemos) para producilos,

pódense facer en frascos de vidro reutilizados e non requiren útiles nin

tecnoloxía especial algunha mais que as nosas mans e un par de principios

moi básicos que vos aprenderemos no obradoiro.

• Fomentan un modelo de consumo “cero desperdicio”: aproveitando (e

revitalizando!)vexetais “atrasados”.

A diferencia das conservas, os fermentados vexetais son alimentos vivos, e

cheos de enzimas (que “descargan” de traballo ao noso sistema dixestivo).

Producir os teus propios fermentados é un xeito barato e sinxelo de achegar

bacterias beneficiosas, que teñen moitas repercusións nos procesos e saúde do

noso organismo.

Obxectivos

• Entender os principios microbiolóxicos básicos que nos permitirán elaborar 

fermentados con éxito e de forma segura

• Aprender os distintos estilos de lactofermentación para adaptalos ás diferentes 

materias primas (hortalizas, froitas e verduras)

Seguimento do proceso: 

• coñecer e evitar os principais problemas e defectos durante a 

fermentación: factores limitantes e efectos na fermentación.

• Controlar e medir a correcta evolución da fermentación.

• Aprender como consumir/cociñar os vexetais fermentados e identificar os 

sabores desexables na correcta fermentación a través da degustación de 

diferentes lactofermentados.

Material necesario para o obradoiro

Esta é a lista de material preciso (o resto de materiais, ingredientes e apuntes completos están incluídos no obradoiro):

Táboa de cortar, canto máis grande mellor, máis cómodo se traballa. Un bo tamaño é aprox 30X40 cm (pero non merquedes a propósito que intentaremos apañarmos)

Coitelo de cociña grande e ben afiado.

Puntilla de cociña (coitelo pequeno)

Relador de verduras con coitela relar groso que corte ben ou mandolina (non é imprescindible pero axiliza moito o traballo)

Un bol ou ensaladeira moi grande (>3 l de capacidade sería ideal) Non merquedes a propósito: levaremos algún de máis.

Pano de cociña

Dous frascos de vidro duns 700ml de capacidade mellor espigados.

Anterior Entradas máis antigas